Bidueiro no Ribeiro
Domingo 28 de abril de 2019
Interesantísima proposta para que poidamos participar tod@s; coñecendo, colaborando, divulgando e gozando da natureza e tradicións do Ribeiro
Saída en autobús as 10:00 h. desde o lugar de costume en Vigo (hai que presentarse 10 minutos antes)
Lembra que esta data é xornada electoral (eleccións xerais). Se queres votar, deberás facelo cedo, para que así non teñas problemas co horario da saída nin co de chegada.
Inscricións na secretaría Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21.30 h. dende o luns 15 ata o xoves 25 de abril.
Pola mañá:
Colaborando no Proxecto Ridimoas
Paseo didáctico polo Bosque de Ridimoas
Beade (Ourense)
Hai que levar calzado axeitado para camiñar polo monte e roupa cómoda.
O paseo polo Bosque de #Ridimoas e contorna terá unha duración aproximada de tres horas.
Hai que levar a comida da casa o xantar que faremos todos xuntos nun local axeitado.
Pola tarde:
Visita guiada a unha adega de vinagres artesanais e cata
Visita a unha adega tradicional de viños do Ribeiro e cata.
Lembrade que podedes consultar o calendario anual de actividades na pestana "Programa Anual", situada no menú principal desta web.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: