Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

domingo, 24 de marzo de 2019

Bidueiro no Ribeiro

Bidueiro no Ribeiro
Domingo 28 de abril de 2019
Actividade Sociocultural na comarca do Ribeiro
Preme aquí e verás fotografías da actividade
Interesantísima proposta para que poidamos participar tod@s; coñecendo, colaborando, divulgando e gozando da natureza e tradicións do Ribeiro 
Saída en autobús as 10:00 h. desde o lugar de costume en Vigo (hai que presentarse 10 minutos antes)
Lembra que esta data é xornada electoral (eleccións xerais). Se queres votar, deberás facelo cedo, para que así non teñas problemas co horario da saída nin co de chegada.
Inscricións na secretaría Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21.30 h. dende o luns 15 ata o xoves 25 de abril.
Pola mañá:
Colaborando no Proxecto Ridimoas
Paseo didáctico polo Bosque de Ridimoas
Beade (Ourense)
Hai que levar calzado axeitado para camiñar polo monte e roupa cómoda.
O paseo polo Bosque de #Ridimoas e contorna terá unha duración aproximada de tres horas.
Hai que levar a comida da casa o xantar que faremos todos xuntos nun local axeitado.
Pola tarde:
Visita guiada a unha adega de vinagres artesanais e cata
Visita a unha adega tradicional de viños do Ribeiro e cata.

Lembrade que podedes consultar o calendario anual de actividades na pestana "Programa Anual", situada no menú principal desta web.

xoves, 21 de marzo de 2019

Muiños dos ríos Armenteira e Chanca

Muiños dos ríos Armenteira e da Chanca
Nova data
Domingo 14 de abril de 2019
Ruta da Pedra e da Auga + Ruta dos Muiños da Chanca
Preme aquí e verás fotografías da actividade
Debito ás malas condicións climatolóxicas previstas para o domingo 7 de abril, esta actividade tívose que suspender e a nova data da actividade é o domingo 14 de abril. 
Ruta de dificultade Media-Baixa con aproximadamente 15 km. de distancia. 
Saída ás 09:00 horas en autobús desde o lugar de costume en Vigo (hai que presentarse 10 minutos antes da saída).
Imprescindible inscrición chamando a secretaría da Asociación Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas. O último día para inscribirse será o xoves 11 de abril.
A nosa camiñada será pola Ruta da Pedra e da Auga máis a Ruta dos Muiños do río Chanca, completando así os aproximadamente 15 km. de percorrido. Nesta actividade existe a posibilidade de que un grupo reducido de persoas poidan facer soamente un tramo máis corto e doado da ruta (previa solicitude no momento da inscrición)
Un gran número de fermosos muiños será a nota predominante ao longo de todo o camiño
Hai que levar roupa según climatoloxía e calzado axeitado para camiñar polo monte. 
Recomendase levar roupa e calzado de reposto para deixar no bus e podor así cambiarse ao rematar a ruta, en especial o calzado.
Aproveitaremos para facer unha visita guiada ao claustro e igrexa do Mosteiro de Armenteira.
Consultade sen compromiso calquera tipo de dúbida, e o mellor para todos.
Ven gozar con bidueiro!!





xoves, 14 de marzo de 2019

La mimosa, un peligro para vid, el olivo y las huertas

La mimosa, un peligro para la vid, el olivo y las huertas

Un estudio de la UVigo demuestra que esta planta atrae insectos trasmisores de enfermedades
Zonas verdes invadidas por arbustos de mimosas en el término de Pereiro de Aguiar (José Paz)
Investigadores de la UVigo, en colaboración con el Museo de Historia Natural de Nueva York, publicaron recientemente un estudio sobre los peligros de la mimosa (Acacia dealbata) para los ecosistemas que ocupa. El análisis realizado demuestra que las plantas hortícolas y los cultivos de viñedos y olivos se ven afectados por culpa de las enfermedades que trasmiten las mimosas. En una provincia como Ourense, con cuatro denominaciones de origen vitivinícolas, el asunto no es baladí. 
"En el estudio nos enfocamos en los herbívoros que se alimentan de esta especie para descubrir qué consecuencias provocan", explica Jonatan Rodríguez, uno de los biólogos participantes en el proyecto. "Creíamos que la mimosa estaría en Galicia libre de sus depredadores naturales, pero no es así, hasta aquí también han llegado insectos foráneos", comenta Rodríguez. La llegada de este tipo de animales supone un problema para la flora autóctona. "La población de invasores aumenta más de lo que debería en un ecosistema equilibrado y se producen plagas", señala. Según el estudio, los insectos trasmiten virus y bacterias que provocan enfermedades en ciertas plantas: "En Italia y parte de España ya es una alerta, poque afectan a la vid, al olivo y a multitud de plantas hortícolas". El investigador asegura que es "cuestión de tiempo" que el problema llegue a la comunidad gallega: "Por el momento ya llegó desde Italia a Mallorca, a Madrid y al sur de Portugal".
La mimosa, catalogada como especie exótica invasora por el Ministerio de Medio Ambiente de España, aumenta su terreno en la provincia ourensana poco a poco. "Pódese observar como cada ano aumenta a extensión, porque as condicións así o favorecen", señala Serafín González, presidente de Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). 
"Investigadores de la Universidad de Alcalá de Madrid demostraron en 2014 que la mimosa y la acacia negra aumentan en terrenos ocupados por eucaliptos y pinares, así como en zonas que ardieron", señala Jonatan Rodríguez. El cultivo de estas especies, comunes en Galicia, y los incendios forestales se convierten así en aliados del crecimiento de la mimosa. "Mentres non se erradiquen ambas cousas na provincia, non vai deixar de aumentar a presencia desta planta invasora", dice González. 
La investigación de 2014 también demuestra que en bosques autóctonos gallegos -caracterizados por la densidad de sus árboles y por tanto, por la falta de luz en la zonas bajas-, la mimosa no es capaz de crecer. "La sombra de árboles como los robles actúa como barrera física que impide su proliferación  y que, por tanto, frena su expansión", asegura Rodríguez. 
Ambos expertos alertan a la población del "gran desconocimiento" sobre los peligros de esta planta que cada año tiñe de amarillo gran parte del territorio gallego. "As administracións non falan disto e a xente non chega a coñecer a auténtica problemática, incluso lles gusta polo cheiro ou pola cor", aporta el presidente de SGHN. Del mismo modo, apelan a la necesaria "intervención" de los mandatarios políticos para "evitar" que la mimosa vaya a más y dañe "todavía más" el ecosistema. "Cuando crecen ya es difícil de controlar, pero se pueden tomar medidas para que no siga creciendo", comenta Rodríguez. 
"Todas as especies invasoras acarrean problemáticas que non podes controlar"
Serafín González, presidente de SGHN, explica que la problemática de la mimosa no es única: "Todas as especies invasoras teñen consecuencias que non podes controlar". Por ello, reflexiona sobre la "necesidade" de cuidar los bosques autóctonos y evitar la implantación de especies foráneas. Cualquier tipo de monocultivo acaban reduciendo la biodiversidad de los sistemas", apunta Jonatan Rodríguez respecto a las plantaciones masivas en la comunidad de especies como el eucalipto o el pino. 
"Este tráfico continuo de especies é un serio problema, sexa de plantas ou de animais, porque non en poucas ocasións teñen traído serios problemas", asegura González. El experto recuerda casos como el del cangrejo rojo o americano, que afectó a los nativos. "Existen riscos tamén cando se traen plantas de viveiro, que poden vir con animais invasores nos seus terreos", señala."Traer especies exóticas é o mesmo que abrir unha e outra vez a caixa de Pandora", resume. 
Fonte: www.laregion.es / (Xiana Cid) 11-03-2019 / Licencia CC

mércores, 13 de marzo de 2019

Val do río Xesta

Val do río Xesta
Domingo 24 de marzo de 2019
Preme aquí e verás fotografías da actividade


Ola a amig@s, aquí temos unha nova proposta de camiñada ambiental e cultural para coñecer, divulgar e protexer.
Saída en autobús ás 09:30 horas desde o lugar de costume en Vigo (hai que presentarse dez minutos antes da hora de saida)

Camiñada de dificultade baixa con unha distancia aproximada de 10 Km. 

Nunha contorna natural onde coñeceremos e gozaremos de lugares como ...
Aldea de Porto Martiño, Carballeira dos Prados, Carballeira de Xesta, Liñares, etc.
Visitaremos a fermosa e espectacular fervenza de A Freixa 
Cruzaremos pontes medievais e camiñaremos polas beiras do río Xesta.
Hai que levar a comida e bebida na mochila.
Hai que levar calzado axeitado para camiñar polo monte e roupa de abrigo ou chuvasqueiros según previsiones climatolóxicas.
Recomendase deixar no autobús calzado e roupa de reposto por se fora preciso cambiarse ao finalizar a ruta.
Esta ruta atopase na vertente norte da Serra do Suido, concretamente dentro do condello de A Lama

Se queres gozar desta xornada soamente debes inscribirte na secretaría Tfno. 686-986-784 desde o xoves 14 ata o xoves 21 de marzo.
Consultade calquera tipo de dúbida ao inscribirvos, é o mellor para todos.
Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!!