Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

martes, 26 de febreiro de 2019

Terra de Bosques II

Terra de Bosques II
Domingo 10 de Marzo 2019
Voluntariado Ambiental
Preme aquí e verás fotografías da actividade
Xornada de Voluntariado Ambiental donde faremos labores para a eliminación de especies arboreas invasoras e tamén prantación de árbores frondosas no monte de A Madroa no concello de Vigo.
Voluntariado Ambiental en colaboación coa C.M.V.M.C. de Teis (Vigo)

Saída ás 08:45 en vehículos particulares desde o lugar de costume en Vigo.
Levade botas e roupa un pouco vella para poder facer este tipo de tarefas no monte.
Por si queredes cambiarvos despois das labores de campo, levade roupa de reposto.
Despois do xantar faremos un paseo didactico dentro das zoas de monte xa rexenerado anteriormente con especies autóctonas pola C.M.V.M.C. de Teis.
E necesaria a inscrición sen coste algún na secretaría da Asociación Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.
Lista aberta desde o xoves 28 de febreiro ata o xoves 7 de marzo.
Consultade sen compromiso calquera tipo de dúbida no momento da inscrición, e o mellor para todos.
Implícate e participa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: