Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

venres, 17 de maio de 2019

As Arribes do Douro


As Arribes do Douro
Días 17, 18 e 19 de Maio
Actividade sociocultural e de sendeirismo

Resumen do programa:
Saída a primeira hora da mañá do venres 17 de maio (festivo das letras galegas) en vehículos particulares desde Vigo.
Aloxamento en hostal en réximen de media pensión. Cartos dobres e triples a compartir (prazas limitadas).

Os xantares serán co que cada un leve no transcurso das actividades. Estudaremos o mercar alí bocadillos de forma voluntaria.
Duas fermosas rutas de sendeirismo de dificultade media-baixa
Travesía en barco polo Douro (opcional, prezo aparte do total da activiade e que se pagaría o día anterior según inscricións)

Según dinsponibilidade, faranse visitas culturais na contorna (opcional e prezo aparte do total)

Os prazaos para inscribirse son os seguintes:
LISTA PROVISIONAL (No periodo no que esté aberta esta lista provisional podeste inscribir e borrar sen ningún tipo de obriga de pago ou calquera outra)
Inscricións desde o luns 21 de xaneiro ata o 17 de febreiro, ambos inclusive)
Finalizado o prazo da "Lista Provisional" de non notificar á Asociación a tua baixa, os inscritos estaremos obrigados ao pago da Actividade nas condicións habituais.
Prazos para o pagamento da actividade:
1º Pago: 50 € desde o 1 ata o 5 de marzo.
2º Pago: 36 € do 1 de abril ata o 5 de abril. 
Como xa comentamos, o transporte e as visitas complementarias pagaránse según participación nos propios días da actividade.

IMPORTANTE:
As prazas son limitadas e unha vez completadas as mesmas por orden de inscripción pecharase a lista, igualmente, se no periodo de "Lista Provisional" non se acadase o número mínimo de participantes, poderíase cancelar a Activiade.
Aos inscritos na "Lista Provisional" enviaremos máis información e programa detallado.
Non dubidedes en facer calquera tipo de consulta, é o mellor para todos.
Para ver vídeos de As Arribes preme nos seguintes enlaces
As Arribes do Douro
Non quedes sen praza, inscribete xa!
#bidueiro

 686-986-784 
 Horario de 19:30 a 21:30 horas

Lembrade que podedes consultar o calendario anual de actividades na pestana "Programa Anual" situada no menú principal desta web.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: