Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

sábado, 26 de xaneiro de 2019

Sendeiro Natural e Historico de Santiago

Sendeiro Natural e Historico de Santiago
Domingo 10 de Febreiro
Camiñada de aproximadamente 15 km. e dificultade Media-Baixa por Santiago de Compostela.


No percorrido pasaremos por; Miradores, río Sarela, Xardíns, Monte Pedroso, río Sar, Selva Negra, Casco Historico, Patrimonio Industrial, Basílica de Sta. Mª do Sar, Mosteiro de San Francisco, etc.
Unha xornada para gozar en familia ou cos amigos de #bidueiro da historia e a paixase de Santiago.
Saída as 09:00 h. en vehículos particulares desde Vigo. (hora de saída, hai que estar no punto de encontro 10 minutos antes)
 Prezo 5 €, xa incluidos os seguros de R.C. e Accidentes.
Hai que levar a comida na mochila para xantar.

Os participantes deben estar afeitos a camiñar distancias semellantes e non ter impedimento físico previo que desaconselle a súa participación.
 
Inscricións na secretaría da Asociación Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. desde o xoves 31 de xaneiro ata o xoves 7 de febreiro.


Bidueiro actividades medioambientais e culturais para tod@s, informate nas diferentes pestanas desta web.
 Tamén podedes permer "Me Gusta" seguirnos en www.facebook.com/bidueiro/
Vémonos en Santiago!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: