Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

mércores, 2 de xaneiro de 2019

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria de Socios 2019

Segundo convocatoria enviada por correo a todos os socios de #bidueiro, este sábado día 19 de xaneiro ás 18:00 en 1ª convocatoria e ás 18:30 en 2ª convocatoria, celebraremos unha Asemblea Xeral Ordinaria de Socios.

Os detalles dos temas para tratar, lugar de celebración e resto de información figura na convocatoria pero se tedes algunha dúbida sobre o particular podedes poñervos en contacto coa Asociación.

Na Asemblea tamén expoñeremos os próximos proxectos nos que estamos a traballar e o programa de actividades para o ano 2019.

Colabora e participa!
Se aínda non es socio e queres colaborar ou formar parte de #bidueiro, ponte en contacto coa Asociación e facilitarémosche toda a información que precises.
#biduero é unha Asociación cultural, medioambiental, social e recreativa sen ánimo de lucro que dentro dos seus diferentes proxectos desenvolve múltiples actividades dirixidas aos socios e á consecución dos seus fins sociais.
Información sobre altas de socios

Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: