O vindeiro domingo 27 de xaneiro temos saída sociocultural nos concellos de Carballiño, San Cristovo de Cea, Maside e Ourense.
Un día completo para gozar cos amigos e a familia das obras arquitectónicas máis emblemáticas de Galicia. Comparte a experiencia!
Sairemos as 09:30 h. en vehículos particulares desde o lugar de costume en Vigo (podedes compartir as plazas dos vehículos e os gastos dos mesmos).
Deprazarémonos ata o concello de Carballiño para coñecer o Templo da Veracruz.
Templo da VeracruzE o segudo gran proxecto construído en Galicia polo arquitecto Antonio Palacios Ramilo de toda a serie de traballos de temática relixiosa. O primeiro fora o Templo Votivo do Mar de Panxón, en Nigrán, Pontevedra. O proxecto do Templo da Veracruz foille encargado no ano 1942, aproveitando unha viaxe do arquitecto a Ourense, por Evaristo Vaamonde, párroco da vila, e unha comisión de veciños que consideraban insuficiente o templo parroquial e tentaban construír un novo.
O 26 de xuño de 1943 colócase a primeira pedra e en xullo do mesmo ano inícianse as obras baixo a tutela do mestre canteiro carballiñés Adolfo Otero Landeiro, que interpreta perfectamente o sentido da obra. Tras a morte de Palacios, dous anos despois de presentar o proxecto, Otero Landeiro co asesoramento dos enxeñeiros Marcelino Enriquez e Roberto de Agostiña, leva adiante a construción, finalizando a rotonda en 1946. O aparellador Rafael Jorreto Calpe e outros interveñen na obra, asinando por esas datas, 1948, a liquidación dos traballos o arquitecto de Ourense Manuel Conde Fidalgo, colaborando na interpretación do resto do proxecto o enxeñeiro do Carballiño, Marcelino Parrondo, amigo de Palacios. En 1949 comezan as obras da torre, que se prolongarían, tras deterse e reiniciarse en 1956, ata xullo do ano seguinte, en que concluirían. Coa torre a medio facer, o templo abriuse oficialmente ao culto o 17 de setembro de 1952, festividade de San Cibrán, patrón da vila.O 26 de xuño de 1943 colócase a primeira pedra e en xullo do mesmo ano inícianse as obras baixo a tutela do mestre canteiro carballiñés Adolfo Otero Landeiro, que interpreta perfectamente o sentido da obra. Tras a morte de Palacios, dous anos despois de presentar o proxecto, Otero Landeiro co asesoramento dos enxeñeiros Marcelino Enriquez e Roberto de Agostiña, leva adiante a construción, finalizando a rotonda en 1946. O aparellador Rafael Jorreto Calpe e outros interveñen na obra, asinando por esas datas, 1948, a liquidación dos traballos o arquitecto de Ourense Manuel Conde Fidalgo, colaborando na interpretación do resto do proxecto o enxeñeiro do Carballiño, Marcelino Parrondo, amigo de Palacios. En 1949 comezan as obras da torre, que se prolongarían, tras deterse e reiniciarse en 1956, ata xullo do ano seguinte, en que concluirían. Coa torre a medio facer, o templo abriuse oficialmente ao culto o 17 de setembro de 1952, festividade de San Cibrán, patrón da vila.
A finais desa década iníciase a construción do arco parabólico cos Doce Apóstolos, obra do mestre canteiro do Carballiño, Xesús González. Cando o templo quedou concluído nos seus elementos máis importantes -milagrosamente, se se teñen en conta a infinidade de dificultades financeiras que se houberon de superar-, en xullo de 1957, dos tres artífices orixinais, tan só D. Evaristo, o promotor, vivía para velo. Luciano Evaristo Vaamonde dá Cortiña, o párroco do Carballiño do últimos trinta anos, falece o 18 de abril de 1961, deixando como legado o templo xa concluído.
Construído na súa totalidade con materiais da comarca, en especial granito e lousa, o Templo da Veracruz representa a obra máis grandiosa e identificadora da vila.O estilo, no seu conxunto, é de difícil definición, por canto trátase dunha amálgama de moi diversas formas arquitectónicas e escultóricas. Con todo, o historiador carballiñés Felipe Senén Gómez, erudito da obra palaciana, que estudou profusamente neste caso, xeneralizando acerca da súa arquitectura relixiosa, di que “os seus templos son como unha suma teolóxica da arquitectura histórica de Galicia, en relación tamén coa arquitectura do Camiño de Santiago, coa arquitectura inglesa, o atlantismo e, cos modelos e admiración de Palacios á Escola Vienesa”. Así, obsérvanse influencias e trazos de todas estas formas de construción: pazos, mosteiros (Oseira, Melón), catedrais, igrexas, castelos…A simboloxía está presente en cada un dos elementos do templo e, no seu conxunto, a Veracruz é todo un símbolo expresionista da época."(Fonte: Concello de Carballiño)
Tempo para o café e según climatoloxía paseo polas beiras do río Arenteiro.
Logo do descanso saída cara o concello de Cea, onde faremos unha visita guiada ao impresionante e fermoso Mosteiro de Oseira.
Monasterio de Oseira, o Escorial Galego
É monumento nacional e mereceu o sobrenome de "El Escorial Galego".
Foi construído polos benedictinos no ano 1.137 e posteriormente administrado pola orde do Císter. Está na Vía da Prata, a 13 quilómetros de Cea, capital municipal e sede das mellores panaderías de Ourense.
Tras estes muros centos de anos atrás naceu a receita do polbo á feira, tamén coñecido como polbo á galega. Estamos en Oseira, e imos coñecer un dos mosteiros máis importantes da península.
Construído polos benedictinos no séculoConstruído polos benedictinos no século XII, aos poucos anos da súa fundación pasou a ser administrado pola orde do císter. Hoxe, está recoñecido como monumento de interese nacional. E é chamado o Escorial Galego.Actualmente, nas súas dependencias residen 13 monxes e un superior. Levan unha vida de recollemento, de tradición e de pervivencia dos valores. A súa filosofía é a austeridade e a sobriedade. Dedican a súa existencia á contemplación e á oración. E coméntannos, sen saír en cámara, que vivir neste marco histórico é un privilexio e unha satisfacción.En cada recuncho óese o silencio. Aquí, o paso do tempo parece que se detén entre estes claustros, escalinatas e figuras que nos observan impasibles. Cheos de coñecemento.A parte máis importante de todo o mosteiro é a igrexa, onde podemos apreciar elementos doActualmente, nas súas dependencias residen 13 monxes e un superior. Levan unha vida de recollemento, de tradición e de pervivencia dos valores. A súa filosofía é a austeridade e a sobriedade. Dedican a súa existencia á contemplación e á oración. E coméntannos, sen saír en cámara, que vivir neste marco histórico é un privilexio e unha satisfacción.En cada recuncho óese o silencio. Aquí, o paso do tempo parece que se detén entre estes claustros, escalinatas e figuras que nos observan impasibles. Cheos de coñecemento.A parte máis importante de todo o mosteiro é a igrexa, onde podemos apreciar elementos do románico, gótico e barroco. Todos os días rézase, pero o domingo ademais, celébrase a Santa Misa á que poden acudir aqueles que así o desexen. De todo o conxunto do santuario cabe destacar dous elementos: a bóveda plana que sustenta o coro, e a talla da Virxe María. Esta última é do século XII. Preside o altar maior e é unha rareza de figura para a época. Xa que mostra á virxe aleitando ao seu fillo.Outro dos lugares onde merece a pena deterse é na súa biblioteca. Data do ano 1760 e atópase no recinto claustral do mosteiro.De estilo barroco, a construción foi realizada en madeira de castiñeiro. No seu interior albérganse 15.000 volumes que recollen materias de todo tipo. Seguro que nalgún destes libros poderiamos atopar a historia que relaciona o polboOutro dos lugares onde merece a pena deterse é na súa biblioteca. Data do ano 1760 e atópase no recinto claustral do mosteiro.De estilo barroco, a construción foi realizada en madeira de castiñeiro. No seu interior albérganse 15.000 volumes que recollen materias de todo tipo. Seguro que nalgún destes libros poderiamos atopar a historia que relaciona o polbo á feira cos diezmos que se lle pagaban ao clero outrora.O mosteiro de Oseira conta con nove séculos de historia. Os seus muros sufriron o paso do tempo e foron moitas as reformas ás que se viron sometido ao longo dos anos. Con todo, hoxe podemos gozalo en toda a súa magnitude, grazas ao arduo traballo dos monxes. Cabe mencionar que unha das últimas remodelacións, serviulles para facerse co prestixioso premio ?EuropaO mosteiro de Oseira conta con nove séculos de historia. Os seus muros sufriron o paso do tempo e foron moitas as reformas ás que se viron sometido ao longo dos anos. Con todo, hoxe podemos gozalo en toda a súa magnitude, grazas ao arduo traballo dos monxes. Cabe mencionar que unha das últimas remodelacións, serviulles para facerse co prestixioso premio Europa Nostra outorgado pola Unión Europea.Oseira é arte. Silencio e paz. E gozalo está ao alcance de calquera. Xa que na súa hospedería poderemos aloxarnos deixando atrás preocupacións. En plena Vía da Prata o mosteiro de Oseira é o lugar onde o relax está garantido. Oseira convídalles a perderse no silencio da historia.Oseira é arte. Silencio e paz. E gozalo está ao alcance de calquera. Xa que na súa hospedería poderemos aloxarnos deixando atrás preocupacións. En plena Vía da Prata o mosteiro de Oseira é o lugar onde o relax está garantido. Oseira convídalles a perderse no silencio da historia.Fonte: galiciaparaelmundo
Xantar de grupo co que cada un leve da casa. (consultade opcións ao inscribirvos). Tempo de sobremesa.
Pola tarde poderemos gozar das Termas de Outariz, relaxandonos nas súas augas ben quentiñas ou frías segundo gustos.
Hai que levar chanclas, bañador e toalla.
A última hora da tarde regresaremos cara Vigo, totalmente relaxados e como novos, pensando xa na seguinte actividade da Asociación, que será o día 10 de Febreiro cunha camiñada cultural por Santiago de Compostela e a súa contorna.
Inscricións na Asociación Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. ata o xoves 24 as 21:30
Consutade calquera tipo de dúbida sen ningún compromiso.
Non te quedes na casa, sae cos amig@s ou familia, goza de boa compañía e ven coñecer, conservar e divulgar o patrimonio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: