Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

sábado, 26 de xaneiro de 2019

Sendeiro Natural e Historico de Santiago

Sendeiro Natural e Historico de Santiago
Domingo 10 de Febreiro
Camiñada de aproximadamente 15 km. e dificultade Media-Baixa por Santiago de Compostela.


No percorrido pasaremos por; Miradores, río Sarela, Xardíns, Monte Pedroso, río Sar, Selva Negra, Casco Historico, Patrimonio Industrial, Basílica de Sta. Mª do Sar, Mosteiro de San Francisco, etc.
Unha xornada para gozar en familia ou cos amigos de #bidueiro da historia e a paixase de Santiago.
Saída as 09:00 h. en vehículos particulares desde Vigo. (hora de saída, hai que estar no punto de encontro 10 minutos antes)
 Prezo 5 €, xa incluidos os seguros de R.C. e Accidentes.
Hai que levar a comida na mochila para xantar.

Os participantes deben estar afeitos a camiñar distancias semellantes e non ter impedimento físico previo que desaconselle a súa participación.
 
Inscricións na secretaría da Asociación Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. desde o xoves 31 de xaneiro ata o xoves 7 de febreiro.


Bidueiro actividades medioambientais e culturais para tod@s, informate nas diferentes pestanas desta web.
 Tamén podedes permer "Me Gusta" seguirnos en www.facebook.com/bidueiro/
Vémonos en Santiago!




martes, 22 de xaneiro de 2019

Bidueiro, Pazos e Mosteiros (III)



O vindeiro domingo 27 de xaneiro temos saída sociocultural nos concellos de Carballiño, San Cristovo de Cea, Maside e Ourense.

Un día completo para gozar cos amigos e a familia das obras arquitectónicas máis emblemáticas de Galicia. Comparte a experiencia!
Sairemos as 09:30 h. en vehículos particulares desde o lugar de costume en Vigo (podedes compartir as plazas dos vehículos e os gastos dos mesmos). 
Deprazarémonos ata o concello de Carballiño para coñecer o Templo da Veracruz.
Templo da Veracruz
E o segudo gran proxecto construído en Galicia polo arquitecto Antonio Palacios Ramilo de toda a serie de traballos de temática relixiosa. O primeiro fora o Templo Votivo do Mar de Panxón, en Nigrán, Pontevedra. O proxecto do Templo da Veracruz foille encargado no ano 1942, aproveitando unha viaxe do arquitecto a Ourense, por Evaristo Vaamonde, párroco da vila, e unha comisión de veciños que consideraban insuficiente o templo parroquial e tentaban construír un novo.

O 26 de xuño de 1943 colócase a primeira pedra e en xullo do mesmo ano inícianse as obras baixo a tutela do mestre canteiro carballiñés Adolfo Otero Landeiro, que interpreta perfectamente o sentido da obra. Tras a morte de Palacios, dous anos despois de presentar o proxecto, Otero Landeiro co asesoramento dos enxeñeiros Marcelino Enriquez e Roberto de Agostiña, leva adiante a construción, finalizando a rotonda en 1946. O aparellador Rafael Jorreto Calpe e outros interveñen na obra, asinando por esas datas, 1948, a liquidación dos traballos o arquitecto de Ourense Manuel Conde Fidalgo, colaborando na interpretación do resto do proxecto o enxeñeiro do Carballiño, Marcelino Parrondo, amigo de Palacios. En 1949 comezan as obras da torre, que se prolongarían, tras deterse e reiniciarse en 1956, ata xullo do ano seguinte, en que concluirían. Coa torre a medio facer, o templo abriuse oficialmente ao culto o 17 de setembro de 1952, festividade de San Cibrán, patrón da vila.O 26 de xuño de 1943 colócase a primeira pedra e en xullo do mesmo ano inícianse as obras baixo a tutela do mestre canteiro carballiñés Adolfo Otero Landeiro, que interpreta perfectamente o sentido da obra. Tras a morte de Palacios, dous anos despois de presentar o proxecto, Otero Landeiro co asesoramento dos enxeñeiros Marcelino Enriquez e Roberto de Agostiña, leva adiante a construción, finalizando a rotonda en 1946. O aparellador Rafael Jorreto Calpe e outros interveñen na obra, asinando por esas datas, 1948, a liquidación dos traballos o arquitecto de Ourense Manuel Conde Fidalgo, colaborando na interpretación do resto do proxecto o enxeñeiro do Carballiño, Marcelino Parrondo, amigo de Palacios. En 1949 comezan as obras da torre, que se prolongarían, tras deterse e reiniciarse en 1956, ata xullo do ano seguinte, en que concluirían. Coa torre a medio facer, o templo abriuse oficialmente ao culto o 17 de setembro de 1952, festividade de San Cibrán, patrón da vila.

A finais desa década iníciase a construción do arco parabólico cos Doce Apóstolos, obra do mestre canteiro do Carballiño, Xesús González. Cando o templo quedou concluído nos seus elementos máis importantes -milagrosamente, se se teñen en conta a infinidade de dificultades financeiras que se houberon de superar-, en xullo de 1957, dos tres artífices orixinais, tan só D. Evaristo, o promotor, vivía para velo. Luciano Evaristo Vaamonde dá Cortiña, o párroco do Carballiño do últimos trinta anos, falece o 18 de abril de 1961, deixando como legado o templo xa concluído.

Construído na súa totalidade con materiais da comarca, en especial granito e lousa, o Templo da Veracruz representa a obra máis grandiosa e identificadora da vila.
O estilo, no seu conxunto, é de difícil definición, por canto trátase dunha amálgama de moi diversas formas arquitectónicas e escultóricas. Con todo, o historiador carballiñés Felipe Senén Gómez, erudito da obra palaciana, que estudou profusamente neste caso, xeneralizando acerca da súa arquitectura relixiosa, di que “os seus templos son como unha suma teolóxica da arquitectura histórica de Galicia, en relación tamén coa arquitectura do Camiño de Santiago, coa arquitectura inglesa, o atlantismo e, cos modelos e admiración de Palacios á Escola Vienesa”. Así, obsérvanse influencias e trazos de todas estas formas de construción: pazos, mosteiros (Oseira, Melón), catedrais, igrexas, castelos…A simboloxía está presente en cada un dos elementos do templo e, no seu conxunto, a Veracruz é todo un símbolo expresionista da época."
(Fonte: Concello de Carballiño)
Tempo para o café e según climatoloxía paseo polas beiras do río Arenteiro.

Logo do descanso saída cara o concello de Cea, onde faremos unha visita guiada ao impresionante e fermoso Mosteiro de Oseira.

Monasterio de Oseira, o Escorial Galego
É monumento nacional e mereceu o sobrenome de "El Escorial Galego".

Foi construído polos benedictinos no ano 1.137 e posteriormente administrado pola orde do Císter. Está na Vía da Prata, a 13 quilómetros de Cea, capital municipal e sede das mellores panaderías de Ourense.

Tras estes muros centos de anos atrás naceu a receita do polbo á feira, tamén coñecido como polbo á galega. Estamos en Oseira, e imos coñecer un dos mosteiros máis importantes da península.

Construído polos benedictinos no século
Construído polos benedictinos no século XII, aos poucos anos da súa fundación pasou a ser administrado pola orde do císter. Hoxe, está recoñecido como monumento de interese nacional. E é chamado o Escorial Galego.
Actualmente, nas súas dependencias residen 13 monxes e un superior. Levan unha vida de recollemento, de tradición e de pervivencia dos valores. A súa filosofía é a austeridade e a sobriedade. Dedican a súa existencia á contemplación e á oración. E coméntannos, sen saír en cámara, que vivir neste marco histórico é un privilexio e unha satisfacción.
En cada recuncho óese o silencio. Aquí, o paso do tempo parece que se detén entre estes claustros, escalinatas e figuras que nos observan impasibles. Cheos de coñecemento.
A parte máis importante de todo o mosteiro é a igrexa, onde podemos apreciar elementos do
Actualmente, nas súas dependencias residen 13 monxes e un superior. Levan unha vida de recollemento, de tradición e de pervivencia dos valores. A súa filosofía é a austeridade e a sobriedade. Dedican a súa existencia á contemplación e á oración. E coméntannos, sen saír en cámara, que vivir neste marco histórico é un privilexio e unha satisfacción.
En cada recuncho óese o silencio. Aquí, o paso do tempo parece que se detén entre estes claustros, escalinatas e figuras que nos observan impasibles. Cheos de coñecemento.
A parte máis importante de todo o mosteiro é a igrexa, onde podemos apreciar elementos do románico, gótico e barroco. Todos os días rézase, pero o domingo ademais, celébrase a Santa Misa á que poden acudir aqueles que así o desexen. De todo o conxunto do santuario cabe destacar dous elementos: a bóveda plana que sustenta o coro, e a talla da Virxe María. Esta última é do século XII. Preside o altar maior e é unha rareza de figura para a época. Xa que mostra á virxe aleitando ao seu fillo.
Outro dos lugares onde merece a pena deterse é na súa biblioteca. Data do ano 1760 e atópase no recinto claustral do mosteiro.
De estilo barroco, a construción foi realizada en madeira de castiñeiro. No seu interior albérganse 15.000 volumes que recollen materias de todo tipo. Seguro que nalgún destes libros poderiamos atopar a historia que relaciona o polbo
Outro dos lugares onde merece a pena deterse é na súa biblioteca. Data do ano 1760 e atópase no recinto claustral do mosteiro.
De estilo barroco, a construción foi realizada en madeira de castiñeiro. No seu interior albérganse 15.000 volumes que recollen materias de todo tipo. Seguro que nalgún destes libros poderiamos atopar a historia que relaciona o polbo á feira cos diezmos que se lle pagaban ao clero outrora.
O mosteiro de Oseira conta con nove séculos de historia. Os seus muros sufriron o paso do tempo e foron moitas as reformas ás que se viron sometido ao longo dos anos. Con todo, hoxe podemos gozalo en toda a súa magnitude, grazas ao arduo traballo dos monxes. Cabe mencionar que unha das últimas remodelacións, serviulles para facerse co prestixioso premio ?Europa
O mosteiro de Oseira conta con nove séculos de historia. Os seus muros sufriron o paso do tempo e foron moitas as reformas ás que se viron sometido ao longo dos anos. Con todo, hoxe podemos gozalo en toda a súa magnitude, grazas ao arduo traballo dos monxes. Cabe mencionar que unha das últimas remodelacións, serviulles para facerse co prestixioso premio Europa Nostra outorgado pola Unión Europea.
Oseira é arte. Silencio e paz. E gozalo está ao alcance de calquera. Xa que na súa hospedería poderemos aloxarnos deixando atrás preocupacións. En plena Vía da Prata o mosteiro de Oseira é o lugar onde o relax está garantido. Oseira convídalles a perderse no silencio da historia.
Oseira é arte. Silencio e paz. E gozalo está ao alcance de calquera. Xa que na súa hospedería poderemos aloxarnos deixando atrás preocupacións. En plena Vía da Prata o mosteiro de Oseira é o lugar onde o relax está garantido. Oseira convídalles a perderse no silencio da historia.
Fonte: galiciaparaelmundo
Xantar de grupo co que cada un leve da casa. (consultade opcións ao inscribirvos). Tempo de sobremesa.
Pola tarde poderemos gozar das Termas de Outariz, relaxandonos nas súas augas ben quentiñas ou frías segundo gustos.
Hai que levar chanclas, bañador e toalla.
A última hora da tarde regresaremos cara Vigo, totalmente relaxados e como novos, pensando xa na seguinte actividade da Asociación, que será o día 10 de Febreiro cunha camiñada cultural por Santiago de Compostela e a súa contorna.

Inscricións na Asociación Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. ata o xoves 24 as 21:30
Consutade calquera tipo de dúbida sen ningún compromiso.

Non te quedes na casa, sae cos amig@s ou familia, goza de boa compañía e ven coñecer, conservar e divulgar o patrimonio.





xoves, 17 de xaneiro de 2019

Asamblea Xeral de Socios 2019


Asamblea Xeral de Socios
Sesión Ordinaria

Sábado 19 de Xaneiro de 2019

Lugar de celebración
Centro Municipal de Teis
c/.Camiño Maceiras s/n

Horarios
Primeira Convocatoria 18:00 h.
Segunda Convocatoria 18:30 h.


xoves, 3 de xaneiro de 2019

Serra do Galiñeiro

Domingo 13 de Xaneiro de 2019
Serra do Galiñeiro
Vigo 

Camiñada pola Serra do Galiñeiro
Ascención ao cume do monte Galiñeiro
Preme aquí e verás fotografías da actividade
Despois de que o pasado mes de novembro a climatoloxía obrigásenos a ter que cambiar esta actividade por outra ben fermosa no Barbantiño (Ourense), agora volvemos a retomar a proposta incial coa esperanza de que o bo tempo permítanos realizar esta camiñada polo Galiñeiro. 
Saída ás 09:00 h. en vehículos particulares desde o lugar de costume en Vigo. 

Camiñada de dificultade media cunha distancia aproximada de 12 km. 
Hai que levar calzado axeitado para camiñar polo monte e roupa de abrigo según climatoloxía.
E recomendable levar unha mochila con auga, bocata, fruta ou o que desexedes para almorzar a media mañá.
A ruta comenzaremola nun punto de bastante altitude polo que o desnivel ata o cume do Galiñeiro non será moito, pero sí que haberá que superar algún tramo corto con forte desnivel (de forma xeral, camiñando a modo non ten problema)

Rematada a camiñada será cando xantaremos nun local acondicionado para elo, cada un levará a sua propia comida (ampliade esta cuestión ao inscribirvos)
Información e inscricións na secretaría de #bidueiro desde o xoves 3 ata o xoves 10 de xaneiro en horario de 19:30 a 21:30 horas. Aproveitade para consultar calquera tipo de dúbida pois é o mellor para todos. 
O prezo para os maiores de 18 anos ten un coste de 5€, no cal xa están incluidos os suguros de R.C. e Acc. cos que conta #biduiro.
Vémonos no Galiñeiro!!

mércores, 2 de xaneiro de 2019

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria de Socios 2019

Segundo convocatoria enviada por correo a todos os socios de #bidueiro, este sábado día 19 de xaneiro ás 18:00 en 1ª convocatoria e ás 18:30 en 2ª convocatoria, celebraremos unha Asemblea Xeral Ordinaria de Socios.

Os detalles dos temas para tratar, lugar de celebración e resto de información figura na convocatoria pero se tedes algunha dúbida sobre o particular podedes poñervos en contacto coa Asociación.

Na Asemblea tamén expoñeremos os próximos proxectos nos que estamos a traballar e o programa de actividades para o ano 2019.

Colabora e participa!
Se aínda non es socio e queres colaborar ou formar parte de #bidueiro, ponte en contacto coa Asociación e facilitarémosche toda a información que precises.
#biduero é unha Asociación cultural, medioambiental, social e recreativa sen ánimo de lucro que dentro dos seus diferentes proxectos desenvolve múltiples actividades dirixidas aos socios e á consecución dos seus fins sociais.
Información sobre altas de socios

Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!

martes, 1 de xaneiro de 2019