Camiño Natural do río Barbantiño
02-12-2018
O día 2 de decembro de 2018 tiñamos previsto facer unha camiñada pola Serra do Galiñeiro, días antes estabamos todos preparados pero intranquilos porque a climatoloxía non quería colaborar, o que complicaba moito o poder levala adiante.
A primeira hora do domingo día 2 o tempo no Galiñeiro era moi malo, choiva e moita néboa, ante esta situación decimimos cambiar o destino e ir cara a provincia de Ourense para facer alí outra camiñada ben diferente.
Tivemos sorte en Ourense, ainda que o ceo amenazou todo o día con choiva, non chegou a caer nin unha soa gota, podendo facer así con tranquilidade unha fermosísima ruta polas beiras do río Barbantiño.
A ruta pola Serra do Galiñero queda para o mes de xaneiro de 2019, seguro que entón teremos máis sorte co tempo e poderemos gozar das vistas desde o máis alto dos concellos de Vigo, Mos e Gondomar.
Vémonos na seguinte!!