Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

venres, 12 de outubro de 2018

Magosto Social 2018

MAGOSTO SOCIAL
Domingo 25 de novembro de 2018
Preme aquí e verás algunhas fotografías e vídeos da actividade
O Magosto celebrarémolo no Parque Natural do Monte Aloia en Tui. 
Deprazrémonos ata Tui en vehículos particulares.
Sairemos 09:00 horas desde o lugar de costume en Vigo.
Actividade social para todos.
Opcionalmente faremos unha curta camiñada outoñal de aproximadamente 7 km. e desnivel negativo (case todo o camiño de baixada).
A camiñada será unha adaptación de Bidueiro feita sobre varias e fermosas rutas dentro  Parque Natural.
Poderemos coñecer a gran variedade de especies arboreas existentes no Aloia.
Tamén visitaremos un poboado castrexos e moitos e antigos muiños. 
Despois da camiñada, entre todos faremos os preparativos necesarios para o Magosto e xantar de grupo.
Os que o desexedes, no momento da inscrición poderedes encargar o menú quentiño de outono para o xantar ou levar vosa propia comida. Consultade as diferentes opcións.
Inscricións chamando á secretaría Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 desde o xoves 15 ata o xoves 22. (prazas limitadas)
As condicións climatolóxicas nos serán impedimento para que poidamos realizar o Magosto.
No suposto de moi mal tempo, poderíamos modificar ou incluso cancelar a camiñada pero non o magosto, avisando previamente desa circunstancia a todos os inscritos.
Ven con Bidueiro a coñecer o Parque Matural do Monte Aloia e a celebrar o seu 40 aniversario. 
Calquera típo de dúbida podedes consultala chamando á Asociación Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. ou escribindo á dirección de correo acbidueiro@gmail.com
As inscrición soamente se poden facer chamando por teléfono.
Vémonos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: