Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 4 de outubro de 2018

I Xornadas Micolóxicas en Bidueiro

I Xornada Micolóxica en Bidueiro
Domingo 11 de Novembro
Preme aquí e verás algunhas fotografías e vídeos da actividade
O domingo 11 de novembro celebraremos a I Xornada Micolóxica en Bidueiro e para elo desprazarémonos ata o concello de Allariz.
Sairemos ás 08:30 h. en vehículos particulares desde Vigo ata os montes e zoas de campo da contorna de Allariz.
Faremos longos paseos polo campo e monte na procura dos preciados cogomelos que cas últimas chuvias estarán agardándonos.
Recibiremos breves explicacións de campo sobre a gran maioria dos cogomelos atopados e das diferentes variedades existentes nos montes galegos.
Para participar e recomendable levar roupa cómoda para camiñar polo monte, calzado axeitado e roupa de abrigo ou chuvasqueiro según climatoloxia. Os participantes de desexen recoller os seus propios cogomelos deberán levar unha pequena navalla ou similar así como unha pequena cesta de vimbia (mimbre).
Introdución á elaboración e degustación de cogomelos.
Hai que levar mochila e comida para o xantar, o que faremos nun local acondicionado e que debemos deixar perfectamente limpo, polo que é imprescisdible levar calzado limpo para cambiarse antes do xantar.

Ver vídeo premendo aquí  do inventario micolóxico realizado polo taller de emprego Terras de Rosendo.
Inscrisción obrigada na secretaría da Asociación Tfno. 686-986-784 desde o venres 2 ata o xoves 8 de novembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: