Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 3 de xaneiro de 2019

Serra do Galiñeiro

Domingo 13 de Xaneiro de 2019
Serra do Galiñeiro
Vigo 

Camiñada pola Serra do Galiñeiro
Ascención ao cume do monte Galiñeiro
Preme aquí e verás fotografías da actividade
Despois de que o pasado mes de novembro a climatoloxía obrigásenos a ter que cambiar esta actividade por outra ben fermosa no Barbantiño (Ourense), agora volvemos a retomar a proposta incial coa esperanza de que o bo tempo permítanos realizar esta camiñada polo Galiñeiro. 
Saída ás 09:00 h. en vehículos particulares desde o lugar de costume en Vigo. 

Camiñada de dificultade media cunha distancia aproximada de 12 km. 
Hai que levar calzado axeitado para camiñar polo monte e roupa de abrigo según climatoloxía.
E recomendable levar unha mochila con auga, bocata, fruta ou o que desexedes para almorzar a media mañá.
A ruta comenzaremola nun punto de bastante altitude polo que o desnivel ata o cume do Galiñeiro non será moito, pero sí que haberá que superar algún tramo corto con forte desnivel (de forma xeral, camiñando a modo non ten problema)

Rematada a camiñada será cando xantaremos nun local acondicionado para elo, cada un levará a sua propia comida (ampliade esta cuestión ao inscribirvos)
Información e inscricións na secretaría de #bidueiro desde o xoves 3 ata o xoves 10 de xaneiro en horario de 19:30 a 21:30 horas. Aproveitade para consultar calquera tipo de dúbida pois é o mellor para todos. 
O prezo para os maiores de 18 anos ten un coste de 5€, no cal xa están incluidos os suguros de R.C. e Acc. cos que conta #biduiro.
Vémonos no Galiñeiro!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: