Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

luns, 10 de setembro de 2018

O Courel

Saída ao Courel 
Días 12, 13 e 14 de Outubro
Preme aquí e verás algunhas fotografías e vídeos da actividade
Actividade de coñecemento da natureza, pobos e cultura do Courel.
Tres días respirando aire puro e gozando das fermosas paixases do Courel en outono.
Os dous primeiros días aproveitaremos para facer rutas de SENDEIRISMO e introducirnos nos recunchos máis fermosos e nas aldeas de montaña máis afastadas.
O último día aproveitaremos para facer diversas visitas para coñecer mellor algúns dos pobos de estas coloridas montañas.
  • Saída en vehículos particulares (voluntariamente e a nivel particular podense compartir plazas e gastos, Bidueiro axudará na organización das prazas dispoñibles, sempre que o punto de saída e chegada sexa o estipulado en Vigo).
  • Pernocta en aloxamento tipo albergue con todos os servicios.
  • Nas rutas de sendeirismo temos que levar o bocatas para xantar no transcurso da camiñada.
  • Ceas: o primeiro día no albergue e o segundo en restaurante típico.
  • Coñeceremos, aldeas, pobos e lugares como: Folgoso, A Seara, Seoane, Vilamor, Visuña, Vieiros, Ferramulín, Froxán, Vilar, Fervenza de Vieiros, Ferrería Locay, Devesa da Rogueira, Castro de Vilar, Mirador de Polín, etc.
  • Prezo total 60 € queico: rutas de sendeirismo e visitas culturais, almorzos, unha cea en restaurante típico así coma os seguros de R.C. e Accidentes a cargo de Bidueiro.
Xa está aberta a lista de inscricións provisionais e terémola así ata día 25 de setembro as 21:30 h. ou ata esgotar as prazas dispoñibles. Ata díta data a reserva da praza é sen compromiso ningún pola vosa parte, podendo comunicar a baixa en calquera momento.
A partir do 26 de setembro as inscricións da lista provisional, salvo aviso de baixa, pasarán a ser en firme e con compromiso de pago. Igualmente, no caso de quedar prazas dispoñibles prazas pederanse facer inscricións en firme ata completar o aforo, pero é moi problable que teñamos que pechar as listas con antelación para formalizar todas as reservas, por este motivo, é bo que aseguredes a praza durante a listra provisional sen compromiso.


Calquera tipo de dúbida podedes consultala sen compromiso na Asociación Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h.
Imos coñecer para protexer O Courel
Parque Natural do Courel XA!
Ti que opinas?

Lexicógrafos miúdos do Courel
Fonte: Real Academia Galegia / Fonte das Palabras

Inscricións por teléfono, chamando a secretaría da Asociación
Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: