Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

martes, 28 de agosto de 2018

Sendeirismo da Arte Rupestre en Campo Lameiro

O domingo 16 de setembro comezamos as actividades despois da breve paréntese do mes de agosto.

Tomade nota e reservade a data.
Domingo 16 de setembro
Sendeiro da Arte Rupestre
(Campo Lameiro) 
con visita guiada ao
Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre
Preme aquí e verás algunhas fotografías e vídeos da actividade
Fermosa ruta de sendeirismo de difucultade Media-Baixa con un percorrido aproximado de 12 Km.
Saída as 09:00 h (presentación 10 minutos antes) en vehículos particulares desde o lugar de costume en Vigo.
Chegada ao mesmo punto de saída a última hora da tarde.
A ruta e para facer ao longo de toda a xornada e inclue a visita ao Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro.
Tratase de un sendeiro adaptado por Bidueiro que percorre as paraxes máis fermosas de Campo Lameiro, con zoas de abundate vexetación de ribeira, muiños, etc.
Se o tempo acompaña tamén poderemos darnos un baño no río Lerez, así que os que o desexedes levade bañador.
Abrerase a lista para inscricións o xoves día 6 de pecharase o o xoves 13. O horario de inscricións o habitual de 19:30 a 21:30 h. no Tfno. da Asociación 686-986-784.
Sobre as seguintes actividades tedes un avance das datas na pestana do blog PROGRAMA ANUAL
Ver vídeo "Arte Rupestre" premendo aquí
Fonte: Terras de Pontevedra


Ven gozar con bidueiro, seremos os teus amigos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: