En agosto facemos unha breve pausa nas actividades, se ben seguiremos a traballar preparando novos contidos para o resto do ano, comezando con novas actividades xa a principios de setembro, das cales iremos adiantando as datas.
Se queredes facer algunha xestión administrativa ou solicitar información, estaremos a vosa disposición no correo electrónico acbidueiro@gmail.com e no Tfno. 686-986-784.
Aos que queirades formalizar altas de socios neste segundo semestre do ano e participar en todas as nosas actividades, decirvos que a cota é do 50% do importe anual.
Cota anual maiores de 18 anos: 30 € (alta no 2º semestre 15 €)
Cota anual menores de 18 anos: 10 € (alta no 2º semestre 5 €)
No caso de unidades familiares aplicarase un Dto. do 10% sobro os importes das cotas de socios maiores de 18 anos.
Importante:
Na cota de socio xa está incluido o coste dos seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes cos que Bidueiro da cobertura a todas as persoas participantes nas actividades.
Bidueiro é unha Asociación sen ánimo de lucro e todas as nosas actividades son organizadas por voluntari@s de forma altruista.
Estade atentos as novas que vos iremos enviando.
Vémonos en setembro!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: