Domingo 15 de xullo
Sendeirismo, Xantar de grupo e tarde de lecer na Praia fluvial de Maceira (Covelo)
Ruta do Val de Tielas
(versión curta)
Sairemos as 08:30 h. desde Vigo en vehículos particulares (hai que estar 10 minutos antes no lugar de encontro).
Desprazarémonos ata o concello de Covelo donde realizaremos a Ruta do Val de Tielas (versión curta), a cal coincide con boa parte dos tramos da denominada Ruta Aqua.
O percorrrido de aproximadamente 12 km. farémolo íntegramente pola mañá e antes do xantar. Trátase dunha ruta de dificultade Media-Baixa que ten un pouco de todo; carreiros pola beira do río Tea, corredoiras, capillas, zonas de recreo, boas vistas, pasos ou poldras, cruceiros, casas rectorais, etc.
Nun tramo do percorrido teremos que cruzar dunha beira á outra do río Tea e farémolo polos preciosos e ben conservados "Pasos de Lourido".
Rematada a camiñada podemos refrescarnos cun baño na praia fluvial de Maceira, para despois xantar todos xuntos á sombra dos amieiros.
Podedes levar comida de prato porque levaremos mesas e sillas de praia para xantar comodamente e ubicarnos na mellor zona de sombra á beira do río.
Cando chamedes para anotarvos, confirmar si fai falta que levedes algunha cadeira ou mesa de praia.
A comida e as neveiras de praia quedan nos coches. Para a ruta de sendeirismo, hai que levar na mochila algo de fruta ou bocata para media mañá, así como auga para o percorrido, gorro, etc.

Pola tarde a gozar da sobremesa, do río e da abundante sombra da zona de recreo. Para os que non a coñezades, decirvos que a praia de Maceira é unha das máis bonitas de Galicia, conta con servicios públicos, aparcamentos, cafetería, etc.
Importante:
Se non queres camiñar ou non podes facer todo o percorrido da ruta de sendeirismo, nesta ocasión tedes a posibilidade de desplazarvos igualmente con todo o grupo e quedar na praia xa pola mañá, facendo o que máis vos apeteza; pasear, tomar o sol, leer, etc., para logo ao mediodía xuntarnos todos. Igualmente, se queres acompañarnos soamente a xantar e a disfrutar da zona e do río Tea pola tarde, non hai ningún problema.
Xa sabedes, para partipar temos que chamar ao número de teléfono da Asociación 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h.
A lista de inscricións estará aberta desde o xoves 5 de xuño ata o seguinte xoves día 12 as 21:30 h.

Ante calquera tipo de dúbida, consultadea sen compromiso, é o mellor para todos.
Actividades para todas as idades!