Territorio Deza II
Ruta do río Asneiro
Sendeirismo
17 de Xuño de 2018
Ruta de dificultade Media-Baixa, con unha distancia aproximada a percorrer de 15,5 km.
Saída as 08:30 h. en vehículos particulares desde Vigo
Hai que levar roupa e calzado axeitado para camiñar por carreiros.
Xantaremos ao longo da camiñada, polo que hai que levar a comida na mochila.
Como sempre, camiñaremos a un ritmo suave pero respetando os tempos previstos
Xa sabedes que as nosas camiñadas son para gozar ao longo de todo o día.
Recomendamos que deixedes roupa e calzado de reposto nos vehículos para cando terminemos a xornada.
Para facer este tipo de actividad non e preciso ter unha condición física espcial, simplemente estar un pouco afeitos a comiñar distancias similares no monte ou no campo.
Loxicamente, para poder participar con toda tranquilidade nas rutas de sendeirismo, non debemos ter impedimento físico ou recomendación médica previa que desaconselle a nosa participación neste tipo de actividades.
Todos os participantes nas activiades que organiza a Asociación Cultural Bidueiro dispoñen da correspondente cobertura en materia de seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes.
As inscricións como sempre son telefónicas, chamando a Bidueiro ao Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h.
O prazo de inscrición remata o xover 14 as 21:30 h.
Ao longo da camiñada estaremos nas beiras do río Asneiro, pasaremos por vellas carballeiras, sombrios soutos e fermosas corredoiras, tamén coñeceremos árbores senlleiras e realizaremos unha visita a un museo etnográfico.
Se che gusta pasar un día en contacto ca natureza, fomentando as relacións sociais, coñecendo e divulgando a cultura e etnografía de Galicia, en Bidueiro temos unha propostra difrente como mínimo cada 15 días.
Lembrade que Bidueiro é unha Asociación sen ánimo de lucro.
Organizamos múltiples e variadas activiades ao longo de todo o ano e sempre por voluntari@s de forma altruista.
Se che gusta a nosa Asociación e as nosas actividades, podes colaborar con Bidueiro difundindo todas as súas novas cos amigos e nas redes sociais.
Vémonos o domingo 17
Ven gozar con Biduiero, seremos os teus amigos!