Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

sábado, 7 de abril de 2018

EUCALIPTOS INVASORES


O Goberno de España rechaza clasificar o eucalipto como especie invasora
O Ministerio de Medio Ambiente ignora o ditame unánime do seu propio Comité Científico

O Goberno de España, a pesar das indicacións do seu propio Comité Científico, rexeitou a solicitude do Concello de Teo (A Coruña) de incluír varias especies de eucaliptos no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras. A súa inclusión implicaría medidas para erradicar estas especies que son as que maioritariamente consomen as industrias de pasta de papel (celulosas tipo ENCE).

O proceso iniciouse en setembro de 2017, cando o alcalde de Teo, Rafael Sisto, solicitou a clasificación dos eucaliptos como especies invasoras, agumentando que “o monocultivo absolutamente descontrolado” de eucaliptos no noroeste de España supón un dano ambiental, entre outras cousas por “facilitar a propagación dos incendios forestais”.

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente solicitou entón un informe ao seu Comité Científico. O ditame, emitido o 1 de decembro e non vinculante, foi moi contundente. O órgano consultivo, formado por unha vintena de científicos independentes, declarou por unanimidade “o carácter invasor” e recomendou incluír no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras a todas as especies de eucaliptos “cuxo destino sexa a explotación forestal, debido ao alto risco de invasión por estas especies consecuencia das súas características biolóxicas, fisiolóxicas e ecolóxicas”.
Abril 2018

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: