Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

luns, 23 de abril de 2018

Ruta de Toxosoutos

Domingo 20 de maio
Sendeirismo
Ruta de Toxosoutos
Lousame 
Preme aquí e verás algunhas fotografías e vídeos da actividade
Ruta de dificultade Media-Baixa

A distancia aproximada a percorrer será de 13 km. con desnivel.
Saída en vehículos particulares desde Vigo

Hora de saída: 08:30 h. (hai que estar 10 minutos antes no lugar de reunión en Vigo)
Desprazarémonos ata o concello de Lousame

Hai que levar a comida e a bebida na mochila, así como fruta ou o que desexedes para media mañá.
É preciso levar calzado axeitado (botas de trekking ou similar) para camiñar por carreiros de pescadores e camiños no monte, igualmente roupa según climatoloxía. 
Recomendamos deixar roupa e calzado de reposto no autobús ou no coche por se fose preciso cambiarse.

Na ruta podremos coñecer diferentes espazos de relevancia natural e patrimonial.

Pola tarde aproveitaremos para facer un corto desprazamento nos vehículos e seguir coñecendo máis arquitectura representativa da zona, nesta ocasión civil e industrial.
A lista de inscricións estará aberta desde o xoves 10 ata o mércores 16 de maio.
Horario de inf. e inscricións: de 19:30 a 21:30 h.
Tfno. para inf. e inscricións: 886-986-784
Hai que estar habituados a realizar rutas similares e a camiñar por camiños de monte.
As persoas participantes non poderán ter ningún impedimento físico ou prescripción médica previa que desaconselle a realización de este tipo de activiades.
Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!

domingo, 22 de abril de 2018

Lagoas de Bertiandos (Ponte de Lima)

Domingo 6 de Maio
Sendeirismo
Lagoas de Bertiandos
(Ponte de Lima)
Preme aquí e verás algunhas fotografías e vídeos da actividade
Ruta de SENDEIRISMO Medioambiental e Cultutal 
(Portugal)
Ruta de sendeirismo de aproximadamente 15 km. con unha dificultade Media-Baixa (sen desniveis) e coa superficie do camiño moi doada para camiñar.
Sairemos as 09:00 h. desde o lugar de costume en Vigo.
 (hai que estar 10 minutos antes, temos que pasar lista)
Saída en vehículos particulares 
Xantaremos polo camiño. Hai que levar auga e comida na mochila.
Nesta ocasión tamén disporemos de un sitio cómodo para xantar.
Visitaremos a  preciosa vila de Ponte de Lima e o seu mercado.
Gozaremos da primavera no espazo protexido das Lagoas de Bertiandos.
Como sempre, podedes inscribirvos chamando á Asociación Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h.
A lista de inscricións estará aberta desde o xoves 26 de abril ata o xoves 3 de maio.
Bidueiro organiza múltiples e diferentes actividades ao longo de todo o ano, maioritariamente aptas para todas as persoas, soamente nas saidas de sendeirismo, como é este o caso, é preciso estar afeitos a camiñar distancias similares e non ter previamente impedimento físico ou de calquer outro tipo que desaconselle a realización de este tipo de actividades.

A Asociación Cultural Bidueiro e unha entidade sen ánimo de lucro, organiza as actividades con persoas voluntarias e de forma altruista. 
Bidueiro dispón nas súas actividades das coberturas necesarias para o desenvolvemento das mesmas.
Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!

domingo, 15 de abril de 2018

Bidueiro, Pazos e Mosteiros (II)


Domingo 29 de Abril
Bidueiro, Pazos e Mosteiros (II)
(Actividade Social e Cultultural)
II Xornada dentro do Proxecto "Bidueiro, Pazos e Mosteiros"
Para esta ocasión temos programadas varias activiades ao longo de todo o día, de diferente temática e todas moi interesantes, 
a través das cales nos introduciremos no coñecemento das Terras de Lemos e a Ribeira Sacra do Miño.
Saída desde Vigo en vehículos particulares
Sairemos as 09:00 h. 
(hai que estar 10 minutos antes no lugar de reunión)
Durante toda a xornada iremos realizando o seguinte programa:
(Os textos e fotografías desta publicación non son coincidentes coa orden da xornada)
Desprazaremonos ata a concello de O Saviñao, Monforte de Lemos e a Peroxa donde teremos:
Visita guiada ao Ecomuseo de Arxeriz
Visita ao Mosteiro de Sta. María de Ferreira de Pantón 
(Claustro e Iglesia)
Miradores da Ribeira Sacra do río Miño
Cada un ten que levar a súa propia comida
 (é preciso ampliar esta información ao inscribirvos)
Visita guiada ao Pazo de Tor 
(Pazo e xardíns)
Visita ao Castro de Arxeriz
Ribeiras do río Miño
Xantar de grupo co que cada queira levar para comer.
Café a beira do río Miño en espazo de gran beleza
Visita a contorna do embalse de Os Peares
É antes de regresar ainda nos queda tomar un merecido refresco gozando da etnografía e da historia da zoa.
Xa o sabedes, si queredes pasar unha xornada social e cultural en grupo, esta e a nosa proposta para o domingo 29.
Lembrar que a Asociación Cultural Bidueiro é unha asociación sen ánimo de lucro, que todas as nosas actividades son organizadas de forma altruista polos socios ou colaboradores da asociación, por este motivo, esperamos a vosa comprensión.
Coma sempre as inscrición son telefónicas
Tfno. 686-986-784 
De 19:30 a 21:30 h.
A lista para inscribirvos péchase as 21:30 h. do xoves anterior á realización da actividade.
Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!

sábado, 7 de abril de 2018

EUCALIPTOS INVASORES


O Goberno de España rechaza clasificar o eucalipto como especie invasora
O Ministerio de Medio Ambiente ignora o ditame unánime do seu propio Comité Científico

O Goberno de España, a pesar das indicacións do seu propio Comité Científico, rexeitou a solicitude do Concello de Teo (A Coruña) de incluír varias especies de eucaliptos no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras. A súa inclusión implicaría medidas para erradicar estas especies que son as que maioritariamente consomen as industrias de pasta de papel (celulosas tipo ENCE).

O proceso iniciouse en setembro de 2017, cando o alcalde de Teo, Rafael Sisto, solicitou a clasificación dos eucaliptos como especies invasoras, agumentando que “o monocultivo absolutamente descontrolado” de eucaliptos no noroeste de España supón un dano ambiental, entre outras cousas por “facilitar a propagación dos incendios forestais”.

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente solicitou entón un informe ao seu Comité Científico. O ditame, emitido o 1 de decembro e non vinculante, foi moi contundente. O órgano consultivo, formado por unha vintena de científicos independentes, declarou por unanimidade “o carácter invasor” e recomendou incluír no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras a todas as especies de eucaliptos “cuxo destino sexa a explotación forestal, debido ao alto risco de invasión por estas especies consecuencia das súas características biolóxicas, fisiolóxicas e ecolóxicas”.
Abril 2018