Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 15 de marzo de 2018

Bidueiro entre Pazos e Camelias (I)



Bidueiro entre Pazos e Camelias (I)
(Comarca do Salnés)
Domingo 25 de marzo
Nova actividade de SENDEIRISMO cultural en Bidueiro
Sairemos de Vigo as 09:00 h. en vehículos particulares.
 (ollo, a hora é de saída, hai que estar dez minutos antes no lugar de encontro)

Desplazarémonos ata a comarca do Salnés, concretamente ata os concellos de Ribadumia, Cambados e Vilanova de Arousa e Meis.

Faremos unha fermosa ruta de sendeirismo preto do río Umia.
No transcurso da ruta aproveitaremos para realizar unha visita guida aos xardíns do Pazo "Quinteiro da Cruz", donde gozaremos da gran variedade e fermosura dos seus camelios en flor.

A ruta ten unha distancia de aproximada de 10 km. con unha ficultade Baixa (sin desniveis e moi doada para camiñar), a maiores faremos o percorrido dentro dos xardíns do Pazo.
Hai que estar minimente afeitos a camiñar distancias semellantes nunha xornada e non ter limitación física que medicamente desaconselle a realización de este tipo de actividades.
Ainda que o camiño polo que discurre a ruta é moi chairo, é bo levar botas ou calzado axeitado para camiñar por sendeiros. Igualmente, hai que levar roupa cómoda e acorde coa climatoloxía. Recomendamos deixar roupa e calzado de reposto nos coches por si a precisas ao finalizar a camiñada.
"O Pazo Quinteiro dá Cruz está situado en pleno val do Salnés, na parroquia de Lois, no Concello de Ribadumia.

A propiedade conta con elementos románticos, fontes de pedra, cenadores, xardíns, estatuas e reloxos de sol, que acompañan á casa que data do s. XVIII, exemplo de arquitectura neoclásica señorial galega, conta tamén con dous cruceiros resaltando especialmente o máis próximo á casa do S. XVIII, un gran hórreo de pedra do s. XVIII de máis de 15 m. de lonxitude e outro de pedra e madeira do s. XIX situado sobre un estanque ao que se accede por dobre escalinata de pedra da época, unha capela do s. XVI, unha pila bautismal finais do s. XII, pombal almenado, e lavadoiro que evocan un aire romántico de carácter profundamente galego. ten un alpendre porticado de columnas de pedra, cunha antiga lareira, lagar e apeiros de labranza.

Ademais Posúe unha adega onde se elabora o albariño “Quinteiro dá Cruz”, D.O. Rías Baixas, pero o que merece especial atención son os seus xardíns, cunha zona deseñada a finais do século XIX polo xardineiro e paisajista de orixe francesa Dorgambide e unha zona de máis recente creación, nos anos 1975-1980, por Victoriano Piñeiro Acosta, que se ocupou de restaurar a flora existente de acordo coa tradición histórica, e á que engadiu a magnífica colección de camelias e outras plantas importadas de diferentes lugares do mundo.

Os xardíns son dun alto interese botánico e ornamental, con multitude de especies, tanto autóctonas como foráneas, que foron introducidas ao longo dos anos. Están rodeados por viñedos de albariño e un bosque autóctono.

As camelias son as verdadeiras protagonistas, florecendo uns 5.000 exemplares de máis de 1.800 variedades de diferentes especies: Camellia assimilis, C. caudata, C. cuspidata, C. fluviatilis, C. nitidissima … , destacando as especies de C. japonica, C. reticulata e Higo coas que conseguiron o premio Camelia de Ouro en varias ocasións."
Fonte: Pazo Quinteiro da Cruz

Á ponte de Ponte Arnelas, coñécese como ponte dos padriños e atribúeselle unha lenda relacionada coa fertilidade. Segundo conta a lenda, unha muller en estado de xestación que ten posible risco de aborto ou dificultades para ter fillos, debe achegarse á ponte dos padriños acompañada dunha comitiva.
Esta comitiva ten a función de axudar a que a ponte non fose cruzada por ningunha muller ou animal e en silencio esperar a que a que fose cruzado a pé por un home, ao que debe pedirlle que bautice ou bendiga o seu ventre con auga do Río Umia. 
A continuación a muller e a comitiva que a acompaña debe ofrecerlle e compartir co home unha cea alí mesmo e ao terminar todos eles deben arroxar desde a ponte e por encima das súas cabezas a vaixela utilizada para a cea. Se o embarazo chega a bo termo, ese home deberá ser o padriño do neno ou nena que naza e levase o nome de Alberto ou Alberta en honra ao Santo que se atopa no cruceiro situado na ponte.
Hai que levar unha mochila con fruta ou o que dexesedes para media mañá. O xantar farémolo nun "furancho" da zona, cada un portará a sua propia comida e alí hai que mercar a bebida. (Máis información ao inscribirvos)
As inscricións debemos realizalas na Asociación, chamando ao Tfno. 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 e lembrade que o prazo finaliza o xoves 22 as 21:30
Ver aquí vídeos sobre esta actividade en Facebook de Bidueiro
Calquera tipo de dúbida consultadea sin compromiso, e o mellor para todos.
Ven a darlle a benvida á primaveira.
Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: