SENDEIRISMO CULTURAL E MEDIOAMBIENTAL
Domingo 15 de abril de 2018
Actividade de SENDEIRISMO Cultural.
Sairemos as 08:30 h. en vehículos particulares desde Vigo (as 08:30 é hora de saída, hai que estar dez minutos antes no lugar de reunión).
A ruta ten unha distancia aproximada de 17 Km. dentro dos concellos de Silleda e Vila de Cruces (PO)
A dificultada do ruta e Moderada e ainda que a realizaremos ao longo de toda a xornada e con un ritmo suave, lembramos que hai que estar acostumados a este tipo de percorridos.
Hai que levar calzado axeitado para camiñar polo monte, así como roupa de abrigo ou impermeable según climatoloxía.
Na mochila levade auga e fruta ou o que desexedes para tomar a media mañá.
Tamen na mochila hai que levar a comida para o xantar.
No transcurso da xornada iremos realizando diferentes visitas culturais.
Coñeceremos lugares con moita historia que co paso do tempo foronse esquecendo.
Admiraremos a famosa e imponente ferverza do río Toxa
Realizaremos unha visita ao precioso Mosteiro de Carboeiro, situado nun lugar de gran beleza.
Teremos unha visita guiada ao Museo da Minería.
Veremos pazos e vellas pero bonitas casas do interior de Galicia.
Realizaremos unha visita guiada ao Poboado Mineiro de O Fontao e coñeceremos de primeira man a historia das que no seu momento foron unhas das máis importantes minas Galicia, así como as vivencias de antigos traballadores das mesmas.
Estará aberta a lista para inscribirnos desde o martes 27 marzo ata o xoves 12 de abril as 21:30 h.
Inscricións chamando ao teléfono da Asociación nº 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h.
Observacións importantes para todas as rutas de sendeirismo con Bidueiro:
As saidas e rutas de Bidueiro son para gozar, coñecer, relacionarse, aprender, divulgar, protexer e colaborar.
Nas actividades da Asociación teñen preferencia os socios e sempre por orde de inscrición na mesma, pero tamén nos gusta que todas as persoas interesadas nos fins de #bidueiro poidan participar de algunha actividade para coñecer mellor as memas e a nosa Asociación en xeral. Si tedes algunha dúbida poñedevos en contacto con nos no Tfno. 686-986-784
Para as RUTAS DE SENDEIRISMO
Debemos de estar mínimamente afeitos a camiñar por carreiros con distancias entre 12 e 20 Km. aprox. nunha xornada, ademais de non ter impedimento físico ou prescrición médica que previamente desaconselle a realización de este tipo de actividades. Igualmente, debemos respetar as condicións da inscripción así como as normas e indicacións que recibamos no transcurso da mesma.
Debemos de estar mínimamente afeitos a camiñar por carreiros con distancias entre 12 e 20 Km. aprox. nunha xornada, ademais de non ter impedimento físico ou prescrición médica que previamente desaconselle a realización de este tipo de actividades. Igualmente, debemos respetar as condicións da inscripción así como as normas e indicacións que recibamos no transcurso da mesma.
(estas condicións soamente refírense as rutas de sendeirismo, para calquera otra das moitas actividaes que realiza Bidueiro; culturais, ambientais, sociais, etc., pode participar calquera, sin afectar para nada a súa condición física).
Os participantes nas actividades organidas pola Asociación Cultural Bidueiro disporán en todo momento das correspondentes coberturas, debendo respetar as indicacións e normas da Asociación para un correcto e seguro desenvolvemento das mesmas.
A Asociación Cultural Bidueiro é unha Asociación sen ánimo de lucro e xestionamos as nosas actividades basicamente con persoas voluntarias e de forma altruista.
Maioritariamente nosas saídas de sendeirísmo son de dificultade Media-Baixa ou Media, e moi excepcionalmente de dificultade Media-Alta sen chegar núnca a dificultade Alta. Facemos percorridos na procura do interese natural, cultural ou social. Por norma camiñamos a un ritmo normal e sen presas, porque non nos gusta ir a correr, pero o que sí nos gusta e procurar respetar os horarios e pensar en todos. Igualmente, procuramos non facer rutas de máis de 20 km. sendo a gran maioria de entre 12 e 16 km. (loxicamente a orografía do terreo e o desnivel acumulado influen moitísimo en que as poidamos facer máis cortas ou máis longas), evitando na medida do posible grandes desniveis ou dificultades técnicas de calquera tipo, salvo algún caso moi puntual que polo seu interese especial fagao imprescindible, o que se comunicaría previamente.
Debemos adaptarnos e respetar as particularidades do grupo de participantes, así como as indicacións dos persoas responsables da actividade según o caso; directivos, monitores, guías ou calquera outro colaborador na mesma.
Ao longo dos percorridos indicaráse os lugares máis axeitados para facer as paradas que sexan precisas; descansar, comer, visitas, etc. O ritmo da camiñada e normal e sen presas, sempre dentro dos horarios estimados previamente para toda a xornada, que para non verse alterados debemos respetar.
As saídas poderanse suspender en calquera momento, por motivos organizativos, climatolóxicos ou por calquera outro imprevisto, sempre co obxetivo de garantir a seguridade dos participantes, ben sexa antes de dar comenzo ou no transcurso da mesma. En caso de cancelación previa das actividades, comunicarase telefónicamente ás persoas inscritas.
Aconsellamos leer detidamente todas as recomendación e normas sobre as actividades da Asociación Cultural Bidueiro, en particular sobre as rutas de sendeirimso. Ante calquera tipo de dubida sobre este particular, agardamos que fagades sen compromiso todas as consultas que consideredes precisas, así mesmo calquera suxerencia será ben recibida buscando sempre o mellor para todos.
Información e inscrición no Telf. 686-986-784 de 19:30 a 21:30 h. (inscricións ata o xoves anterior á actividade)
www.asociacionculturalbidu eiro.blogspot.com e www.facebook.com/bidueiro
Ven gozar con Bidueiro, seremos teus amigos!