Bidueiro, xunto co resto de colectivo que promovemos "Cousa de Raíces", estamos a recoller sinaturas en favor da ILP para a Defensa do Bosque Autóctono e a Loita contra os Incendios.
Se non asinache, ainda estás a tempo, ponte en contacto coa nosa Asociación e terás a oportunidade de poder colaborar con esta proposta conxunta para mellorar as condicións actuais dos nosos bosques.
AS RAZÓNS desta
Iniciativa Lexislativa Popular...
*Pola imparábel extensión do eucalipto, que xa ocupa máis de
500.000 hectáreas, duplicando o previsto polo Plano Forestal vixente para 2032.
*Porque esta árbore esténdese xa polo 17% do total de Galiza, de xeito de que 1 de cada 5
metros cadrados de territorio está ocupado por un eucalipto.
*Porque lumes e eucaliptos teñen relación directa: a información oficial amosa
que os eucaliptais arden 3,55 veces máis que os bosques de frondosas.
*Pola recente desregulación da biomasa que aumentará a presión para
forestar enormes superficies con cultivos enerxéticos (Eucalyptus nitens, Pawlonia,
Liquidambar, bambú...) moitas delas
especies invasoras.
*Polo actual modelo produtivo intensamente forestalista para o monte galego, baseado
en aproveitamentos de baixo valor engadido.
*Polo dominio dos monocultivos de especies alóctonas e
pirófilas para
pasta, aglomerado e proximamente biomasa, concentrados en moi poucas mans.
*Pola baixa diversificación e multifuncionalidade nos usos do
monte, que devén
na existencia dun monopolio dominado polas empresas pasteiro-enerxéticas.
*Porque se está a favorecer o absentismo e o abandono da actividade agrogandeira
que condena a moitos montes e terras agrarias ao eucalipto e finalmente ao
lume.
*Pola escasa superficie de montes de xestión pública cuxa vocación debería ser a
conservación dos hábitats naturais, a biodiversidade e a redución do impacto dos
lumes forestais.
*Porque despois de 25 anos, seguimos sen un inventario de
masas frondosas autóctonas.
*Polo deterioro dos servizos ecosistémicos (fertilidade,
dispoñibilidade de auga, biodiversidade, etc.) que provocan os monocultivos e
os lumes.
*Porque o actual modelo forestal amplifIca os impactos do
cambio climático.
AS PROPOSTAS
desta Iniciativa Lexislativa Popular...
*Fomento da conservación, a
investigación, a multifuncionalidade
e a sustentabilidade económica e social.
* Incremento da xestión pública dos montes.
*Apoio e protección aos montes veciñais en man común.
*Pulo
ás UXFOR fronte ás SOFOR como
xeito preferente de xestión dos montes privados.
*Moratoria
indefinida para novos plantíos de Eucalyptus
e prohibición na RGEP (Rede Galega
de Espazos Protexidos). Programa de
redución progresiva da superficie deste xénero.
*Prohibición
dos cultivos forestais de especies exóticas como o Eucalyptus nitens, robinias, acacias, Pawlonia e bambús,
algunhas delas invasoras. Erradicación
da RGEP.
*Prohibición
das repoboacións en terras agrarias e pasteiros, e eliminación das plantacións
ilegais e dos eucaliptos fóra
de ordenamento, fomentando a incorporación destas superficies ao Banco
de Terras.
*Porcentaxe
de reserva ecolóxica para bosque nativo en plantacións forestais: o 30% en eucaliptais, o 20% en coníferas e o
10% en frondosas.
*Marco
mínimo de plantación para eucaliptais de 4x4m e 20% da masa con ciclo de corta maior de 30 anos.
*Ruptura
masas monoespecíficas con faixas de separación de 100m por cada 50ha de eucaliptos e 50m cada 50ha
de piñeiros.
*Os
cultivos forestais destinados a biomasa deberán ter turnos maiores de 10 anos.
*Maior limpeza
nas operacións forestais e retirada
subsidiaria das plantacións abandonadas (máis de 3 aproveitamentos).
*Recuperación dos 100m de anchura para as redes secundarias de xestión da biomasa na
loita contra os lumes.
* Incremento
das distancias das plantacións forestais a terras de cultivo, ríos, zonas habitadas, vías de
comunicación, etc.
* Promoción
do pastoreo e a gandería extensiva como elemento natural de desbroce e prevención de incendios.
* Perímetro
de exclusión 50m das plantacións forestais aos xacementos arqueolóxicos.
*O PLADIGA
será anual e aprobarase no
último trimestre do ano anterior ao de aplicación.
*Realización urxente do Inventario de masas de
frondosas autóctonas pendente dende 1992.
*Fomento da silvicultura con madeiras de calidade.
*Apoio ás iniciativas de transformación dos produtos do
bosque: mobéis de calidade, artesanía e derivados, cogomelos, etc.
*Axudas directas e exencións fiscais para o mantemento
dos bosques autóctonos, mesmo con fins non produtivas.
TI PODES CONTRIBUíR
Á DEFENSA DOS NOSOS BOSQUES:
ASINA XA!
Colectivos que
promoven a ILP:
ADEGA, ADENCO, AGA (AS. GALEGA DE APICULTURA), AGRUPACIÓN MICOLÓXICA A
ZARROTA, ALIBÓS, ARTEU, APDR, ASOPORCEL, ASOCIACION CULTURAL BIDUEIRO, ASOCIACIÓN
GALEGA DE CUSTODIA, BANDULLO ECOLÓXICO, BÉTULA, BICO DE GRAO, BODEGA LÍQUIDO
GALLAECIA SL, CARBALLO VIVO, CASTIÑEIRO E NOGUEIRA, CDR ANCARES, CHAO DE
CASTRO-ALTAIR, CIG, COLECTIVO AGROCUIR DA ULLOA, COLECTIVO TERRA, COVA DA
TERRA, CULTURA DO PAÍS, CVMC DE CUBELA, CONTIMUNDI E ROIS, CVMC DE FROXÁN, CVMC
DE LOUSAME, CVMC SOBREIRAS DO FARO, CYCLOWOOD, DATE, EIRA DA XOANA, ENARBORAR O
BOSQUE, ERVA, ESPAZO AGROECOLÓXICO A ESTRUGA, FACTORÍA DE IDEAS, FEG
(FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA), FORO DO CAMIÑO, FORO ECOLÓXICO DE RIBEIRA, FROUMA
FORESTAL, FRUGA, GRUPO NATURALISTA HÁBITAT, HIFAS DA TERRA, KUNTERBUNT KLUGES
DESIGN, QUERCUS SONORA, LAGARES VIVO, MEMBROS DO CENTRO INVESTIGACIÓN LOURIZÁN,
MARIÑAPATRIMONIO, MILHULLOA, NATURVIVA, ORGACCMM, OVICA, PETÓN DO LOBO,
PLATAFORMA SARRIANA POLO RÍO, POSADA MARRÓN GLAÇE, PROFESORES/AS DA POLITÉCNICA
DE LUGO, PROXECTO MONTENOSO, PROXECTO NEO, RIDIMOAS, RÍOS CON VIDA, SACHOS Á
RÚA, SGO (SOCIEDADE GALEGA DE ORNITOLOXÍA), SOBREIRAS DO ULLA, TESOUROS DE
GALICIA, VEGECULTURA SL, VERDEGAIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: