Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

sábado, 24 de febreiro de 2018

Oliveiras Autóctonas de Galicia

Prevén que no 2021 estean identificadas e no mercado as variedades de oliveira autóctonas de Galicia

O CSIC e a Fundación Juana de Vega presentaron os primeiros resultados do proxecto de investigación “Caracterización e recuperación de variedades de oliveira autóctonas de Galicia”. O obxectivo é dispor de planta comercial certificada que permita realizar plantacións e diferenciar o aceite galego.
Traballos de investigación nunha oliveira centenaria en Galicia.
Consello Superior de Investigacións Científicas presentou este xoves en Santiago de Compostela os resultados do primeiro ano de traballo do proxecto de investigación“Caracterización e recuperación de variedades de oliveira autóctonas de Galicia”, que financia integramente, con preto de 250.000 euros e por un período de catro anos, a Fundación Juana de Vega.
O obxectivo é realizar un amplo traballo de investigación na xeografía galega, tomando mostras de máis de 70 oliveiras centenarias, para identificar as variedades autóctonas de Galicia. De momento, xa están identificadas 13 como autóctonas e rexistradas dúas, a Brava Galega e a Mansa Galega. Os investigadores tamén analizarán o aceite de cada variedade que se identifique e posteriormente, cara ao ano 2021, pór a disposición dos viveristas material vexetal das variedades identificadas como autóctonas para que as comercialicen. A meta que se persegue é diferenciar o aceite de oliva producido en Galicia, non só pola súa orixe, senón tamén por utilizar variedades de oliveiras autóctonas, do mesmo xeito que ocorre no sector do viño, gañando así valor engadido no mercado.
A investigación realízaa o Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia. Conta coa colaboración da Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia, que participa na realización das prospeccións e asesora para a aplicación dos resultados ao sector, e da Asociación de Viveristas do Noroeste, que prestará apoio na multiplicación de planta daquelas variedades que resulten de maior interese comercial.
A Fundación Juana de Vega é a impulsora deste proceso de recuperación das variedades de oliveira galegas
En 2012 o Grupo de Viticultura da MBG, fundado no ano 2000, pero que tivo a súa orixe en 1987 e con liñas de investigación acerca da recuperación de variedades autóctonas de vide de Galicia e Asturias, iniciou unha nova liña de investigación centrada no estudo das variedades de oliveira existentes en Galicia. Eses primeiros traballos exploratorios permitiron confirmar a existencia de dúas variedades de oliveira autóctonas galegas (Brava Galega e Mansa Galega), recentemente recoñecidas oficialmente, grazas aos resultados achegados polo citado grupo. Neses traballos previos, ademais, demostrouse que existían, polo menos, cinco variedades máis, autóctonas de Galicia todas elas, e totalmente descoñecidas noutros lugares.
En 2017 o citado grupo asinou un contrato de investigación coa Fundación Juana de Vega, entidade coa que leva máis de 10 anos colaborando no ámbito da viticultura, con catro obxectivos fundamentais: 1) ampliar e completar a recuperación das variedades de oliveira autóctona galega, a través da realización de prospeccións exhaustivas 2) caracterizar os exemplares localizados a nivel botánico, molecular e agronómico, así como os aceites daquelas que resulten diferentes e únicas 3) pór a disposición do sector e das administracións autonómica e nacional, os datos científico-técnicos necesarios para o recoñecemento legal e comercial como variedades de oliveira autóctonas de Galicia e únicas no mundo e 4) pór a disposición de viveristas e olivareros planta das variedades de oliveira autóctona galego que presenten interese comercial.

Identificáronse e marcáronse 72 oliveiras centenarias en Galicia, das que se analizará o seu ADN para determinar se son variedades autóctonas

“O obxectivo xeral agora é ampliar e completar a recuperación de variedades de oliveira autóctona galega, así como caracterizar os aceites procedentes das devanditas variedades. Para iso, a investigación consta das seguintes accións. En primeiro lugar, enquisas sobre a existencia de oliveiras centenarias en diferentes puntos de Galicia, visitas e prospeccións en cada zona, verificación do carácter centenario da oliveira e toma de mostras de follas e olivas. A continuación, realízase a caracterización molecular (ADN) e botánica de todas elas. O seguinte ano, na época de maduración, recóllese cantidade suficiente de oliva daqueles exemplares que resultaron ser variedades distintas para facer unha microelaboración de aceite. Posteriormente, cada un destes aceites é sometido a distintos tipos de análises para coñecer a súa composición. En anos posteriores realizaranse elaboracións de aceite, a maior escala, daquelas variedades que presenten máis interese comercial”, explica Carmen Martínez Rodríguez, directora do Grupo de Viticultura da MBG
“Desde novembro de 2016 localizamos e marcamos 72 oliveiras, todas centenarias, excepto as dúas testemuñas de Arbequina e Picual, en localidades do catro provincias galegas”, apunta a investigadora do CSIC.
“De momento identificáronse 13 variedades distintas”
Ata o momento, nos laboratorios da MBG analizouse o ADN de 47 oliveiras, o que puxo de manifesto que hai 13 variedades distintas, das cales cinco se corresponden con variedades localizadas previamente en Galicia polo citado grupo.
“Das restantes, dúas correspóndense con árbores novas das variedades Arbequina e Picual, orixinarias do sur de España, empregadas como testemuña neste estudo. Ademais, un exemplar centenario resultou ser Cobrancoça, variedade tradicional portuguesa. As outras restantes presuponse que son tamén autóctonas de Galicia, aínda que aínda se están consultando bases de datos internacionais para confirmalo. A estas hai que engadir catro máis que atoparamos en traballos anteriores, pero que non se detectaron nas prospeccións realizadas no marco do presente proxecto, ata o momento”, di Carmen Martínez Rodríguez.
“Na época de maduración, é dicir, a finais de 2017, recolleuse oliva e elaboráronse pequenas cantidades de aceite de 15 oliveiras distintas. As análises puxeron de manifesto que todos cumpren os parámetros esixidos pola normativa vixente para ser considerados aceites de calidade e que existen diferenzas entre eles, especialmente na concentración de determinados compostos. É importante, con todo, ser cautos con estes datos, xa que cada oliveira está nunha localización diferente e sometidos a manejos moi distintos”, destaca.

No ano 2021 espérase pór a disposición de viveiros e olivareros planta de variedades de oliveira autóctonas

Nestes momentos o grupo de investigación está inmerso na realización das análises de ADN de todas as oliveiras xa localizados e nas próximas semanas están previstos novas mostraxes en localidades como Verín, Valdeorras e distintos puntos da provincia de Pontevedra.
“Os resultados finais, cos que se espera contar en 2021, permitirán, ademais, pór a disposición de viveristas e olivareiros planta de variedades de oliveira autóctona galega de interese comercial e ofrecer ao sector e ás administracións públicas os datos científico-técnicos requiridos para o recoñecemento legal e comercial como variedades de oliveira autóctonas de Galicia”, sinala.
Neste sentido, en outubro de 2017 as investigacións do grupo de Viticultura xa permitiron o recoñecemento oficial de dúas variedades de oliveira autóctonas de Galicia, “Brava galega” e “Mansa galega”.
José Manuel Andrade (Fundación Juana de Vega): “Temos unha inmensa riqueza biolóxica en Galicia que está sen identificar”
Pola súa banda, José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega destacou que “os resultados que hoxe presentamos aquí son unha proba da inmensa riqueza biolóxica que temos en Galicia, que non temos identificada nin caracterizada e da que non podemos sacar proveito económico”.
Por iso sinala que “proxectos coma este son unha aposta estratéxica da Fundación orientada a recuperar variedades autóctonas de interese agrario en Galicia e polas a disposición do sector agroalimentario con todas as garantías e certificacións, co obxectivo final de axudar na mellora da competitividade por medio da diferenciación de produto”.
O presidente da Fundación, Enrique Sáez Ponte, incidiu en que “esta é unha entidade privada, que desenvolve as súas actividades cos ingresos que derivan do seu patrimonio” e destacou que “no desenvolvemento dos proxectos que impulsamos tratamos de integrar a todos os que teñen algo que ver coa iniciativa, neste caso aos produtores de oliveiras, aos viveiros que fornecen a planta e a un organismo de investigación de primeiro nivel mundial como é o CSIC, co que temos xa unha longa traxectoria de colaboración”.
Reclamou a “necesidade de facer as cousas ben desde o principio, con paciencia, para que o sector olivareiro estea seguro do que planta, sobre todo das variedades brava e mansa, que xa están recoñecidas e no futuro poida aproveitar a diferenciación que producen estas variedades autóctonas”.
Fonte: Campo Galego (L.C.C.)
22-02-2018



xoves, 22 de febreiro de 2018

Ribeira Sacra


Saída Sociocultural
11-03-2018
Pica aquí e verás algunhas das fotografías da actividade
Saída sociocultural e etnográfica pola Ribeira Sacra (provincia de Ourense)
Sairemos as 09:30 h. desde Vigo en vehículos particulares (hora de saída)
A lista de inscricións estará aberta ata o xoves día 8 as 21:30 h.
Realizaremos as seguintes actividades durante a xornada:
Visita guiada ao Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo
Visita guiada ao Museo da Olería de Niñodaguia
Visita de grupo ao Mosteiro de San Pedro de Rocas
Demostración práctica en Taller de Olería en Niñodaguia realizada por prestixioso oleiro.
Xantaremos nun local que temos reservado e cada un terá que levar a súa propia comida (ampliade información ao inscribírvos).
Estaremos na zoa máis descoñecida da Ribeira Sacra e máis afastada das ríbeiras dos ríos Sil e Miño.
Coma sempre contribuindo ao coñecemento e divulgación da cultura e patrimonio.
O coste das visitas está incluido no módico prezo social da actividade.
Esta é unha actividade na que pode participar toda a familia e persoas de calquera idade.
As inscricións temos que facelas chamando a secretaría da Asociación Tfno. 686-986-784 de 19:30 a 21:30 h. ata o xoves anterior á realización da actividade.
Unha boa ocasión para coñecer oficios tradicionais e poñelos en valor.
Se che gusta a proposta nos agardes ao último día para inscribirte. Calquera dúbida consultádea sin compromiso.
Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!

venres, 16 de febreiro de 2018

Bidueiro en Cabo Udra (Bueu)


Pica aquí e verás algunhas das fotografías da actividade
Bidueiro en Cabo Udra
Domingo 25 de febreiro

Ruta de SENDEIRISMO cultural e ambiental na contorna de Cabo Udra e das praias do concello de Bueu.
Nova xornada para disfrutar da #natureza, facer exercicio físico moderado e coñecer a nosa cultura e historia.
Faremos unha ruta de #sendeirismocultural polo Cabro Udra e as preciosas praias do concello de Bueu.

Aproveitando a ruta costeira temos organizada unha visita guiada ao #museomassó, un referente da historia industrial e civil dos últimos siglos en Galicia.


Sairemmos as 09:00 h. en vehículos particulares desde Vigo.

É unha ruta de dificultade Media-Baixa con unha distancia aproximada de 13 km. e case sen desniveis.
Completaremos a ruta ao longo de todo o día, a modiño pero dentro dos horarios previstos. Nesta ocasión xantaremos no transcurso do percorrido e hai que levar a comida na mochila, (ao inscribirvos ampliade información). 
Tamén levade algo de fruta ou o que desexedes tomar a media maña.
O camiño non ten maior dificultade, pero si hai que estar minimamente afeitos a camiñar percorridos similares.


Unha ruta corta, bonita e moi completa, incluindo a visita cultural guiada e  o coñecemento do espacio natural de Cabo Udra. Unha ruta ao típico estilo#bidueiro!!


Hai que levar botas ou calzado axeitado para camiñar por carreiros, roupa de abrigo e impermeable según climatoloxía.




Coma sempre, recomendamos levar roupa e calzado para deixar nos coches ou autobús, por si foxe necesario utilizala ao finalizar a camiñada.


O máis importante, ter ganas de  gozar dunha xornada na natureza e de compartir a experiencia coa familia e amigos.
Se vos gusta a proposta, consultade calquera dúbida e inscribirvos na Asociación.


De producirse calquera tipo de modificación sobre esta actividade avisarase telefonicamente a todas as persoas inscritas.

Non agardes a última hora, así poderemos organizar mellor a actividade e recorda que o último día para inscribirte e o xoves día 22.




Comparte coa familia e amigos as actividades e proxectos de Bidueiro.



Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!

Foto: Ramón Leiro
Observacións importantes para todas as rutas de sendeirismo con Bidueiro:

As saidas e rutas de Bidueiro son para gozar, coñecer, relacionarse, aprender, divulgar, protexer e colaborar.



Nas actividades da Asociación teñen preferencia os socios e sempre por orde de inscrición na mesma, pero tamén nos gusta que todas as persoas interesadas nos fins de #bidueiro poidan participar de algunha actividade para coñecer mellor as memas e a nosa Asociación en xeral. Si tedes algunha dúbida poñedevos en contacto con nos no Tfno. 686-986-784 



Para as RUTAS DE SENDEIRISMO debemos de estar mínimamente afeitos a camiñar e que nos guste facelo en contornas naturais, e respetar as normas e convivencia en grupo, si é así, non deberíades ter ningún inconvinte.

(estas condicións soamente refírense as rutas de sendeirismo, para calquera otra das moitas actividaes que realiza Bidueiro; culturais, ambientais, sociais, etc., pode participar calquera, sin afectar para nada a súa condición física).


Os participantes nas actividades organidas pola Asociación Cultural Bidueiro disporán en todo momento das correspondentes coberturas, debendo respetar as indicacións e normas da Asociación para un correcto e seguro desenvolvemento das mesmas.

Maioritariamente nosas saídas de sendeirísmo son de dificultade Media-Baixa ou Media, e moi excepcionalmente de dificultade Media-Alta sen chegar núnca a dificultade Alta. Facemos percorridos na procura do interese natural, cultural ou social. Por norma camiñamos a un ritmo normal e sen presas, porque non nos gusta ir a correr, pero o que sí nos gusta e procurar respetar os horarios e pensar en todos. Igualmente, procuramos non facer rutas de máis de 20 km. sendo a gran maioria de entre 12 e 16 km. (loxicamente a orografía do terreo e o desnivel acumulado influen moitísimo en que as poidamos facer máis cortas ou máis longas), evitando na medida do posible grandes desniveis ou dificultades técnicas de calquera tipo, salvo algún caso moi puntual que polo seu interese especial fagao imprescindible, o que se comunicaría previamente.

Debemos adaptarnos e respetar as particularidades do grupo de participantes, así como as indicacións dos persoas responsables da actividade según o caso; directivos, monitores, guías ou calquera outro colaborador na mesma.

Ao longo dos percorridos indicaráse os lugares máis axeitados para facer as paradas que sexan precisas; descansar, comer, visitas, etc. O ritmo da camiñada e normal e sen presas, sempre dentro dos horarios estimados previamente para toda a xornada, que para non verse alterados debemos respetar.

As saídas poderanse suspender en calquera momento, por motivos organizativos, climatolóxicos ou por calquera outro imprevisto, sempre co obxetivo de garantir a seguridade dos participantes, ben sexa antes de dar comenzo ou no transcurso da mesma. En caso de cancelación previa das actividades, comunicarase telefónicamente ás persoas inscritas. 

Aconsellamos leer detidamente todas as recomendación e normas sobre as actividades da Asociación Cultural Bidueiro, en particular sobre as rutas de sendeirimso. Ante calquera tipo de dubida sobre este particular, agardamos que fagades sen compromiso todas as consultas que consideredes precisas, así mesmo calquera suxerencia será ben recibida buscando sempre o mellor para todos.
Información e inscrición no Telf. 686-986-784 de 19:30 a 21:30 h. (inscricións ata o xoves anterior á actividade)
www.asociacionculturalbidueiro.blogspot.com e www.facebook.com/bidueiro


luns, 12 de febreiro de 2018

Plantas Silvestres e Gastronomía (Historia da Gastronomía de España)

Recuperando a cultura gastronómica e as tradicións da man da BNE
-----------------------------
Plantas Silvestres con Rodrigo de la Calle, Estrella Michelin 2017

La borraja crece silvestre en los bordes de las carreteras y en las laderas de las montañas. Hoy son pocos los que saben reconocerla y menos los que saben limpiarla y prepararla. Poco a poco, son los grandes chefs los que vuelven a recuperarla a través de nuevas recetas y tiempos de cocción más cortos. Sus flores y tallos adornan muchos platos de los mejores restaurantes.

RECETA MODERNA
INGREDIENTES 
1 borraja 1/2 unidad de cebolla 1 chorrito de aceite de oliva 1/4 cdta. de azafrán 1 rama de canela 1 cda. de levadura nutricional 1/4 cdta de clavo 1 hoja de laurel 8 avellanas 
PASO 1 Pelar las borrajas, quitarles la hoja y dejar el tallo limipio. Trocearlo. 
PASO 2 Cocer las borrajas en agua hirviendo durante no más de 5 min. para que se mantengan crujientes. 
PASO 3 Hacer un sofrito con un chorro de aceite de oliva, media cebolla picada muy fina, avellanas, clavo, una hoja de laurel, una pizca de azafrán y otra de canela, añadir también la levadura nutricional.
PASO 4 Añadir el agua de las borrajas al sofrito y dejar cocer. 
PASO 5 Una vez esté el caldo preparado, colarlo. 
PASO 6 Montar el caldo con unas varillas hasta crear una fina espuma.
PASO 7 Emplata las borrajas y coloca la espuma de caldo sobre ellas. Adorna con las flores de borraja o con hojas de oxalis morada.
Fontes: 
Biblioteca Nacional de España (BNE), ChefBNE
(Licencia CC)



xoves, 8 de febreiro de 2018

Terra de Bosques - I Xornada 2018


O domingo 18 de febreiro celebraremos a I Xornada "Terra de Bosques", un proxecto a longo prazo co obxectivo de realizar actividades de coñecemento, divulgación e voluntariado ambiental na procura da protección dos bosques autóctonos e dos seus valores.

Paralelamenta e diferenciando entre bosque e monte, poderanse coñecer as novas iniciativas encamiñadas a un mellor e axeitado aproveitamento dos montes como recurso natural, económico e social, diversificando a sua explotación con madeiras nobres, froitos, cogumelos, etc.

Igualmente, levaranse a cabo labores de eliminación de espcies invasoras, rexeneración de zonas queimadas e calquera tarefa encamiñada a mellorar e protexer os nosos bosques e montes.

A través do proxecto "Terra de Bosques" levaranse a cabo actividades de colaboración con diferentes asociacións e entidades relacionadas de algunha maneira coa protección, divulgación, conservación e explotación sustentable dos bosques e montes.

E todo isto buscando a implicación dos participantes, onde as relacións sociais co resto de persoas e colectivos serán a nota común, tentando que as tarefas resulten o máis agradables posibles e nalgún caso hasta lúdicas.
I Xornada - Terra de Bosques

Nesta I Xornada colaboraremos con Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Redondela.

Sairemos de Vigo as 09:45 en vehículos particulares e nos desprazaremos ata Redondela.

Xunto cos veciños e membros da CMVMC achegaremonos ata unha zona do monte comunal donde realizaremos labores de plantación de árbores autóctonas ao longo de toda a mañá.

Poderemos coñecer de primeira man a problemática que existe na contorna coa proliferación dos incencios forestáis que periodicamente achegnase ata aquí.

Para particpar nesta actividade desde Bidueiro, temos que inscribirnos chamando ao Tfno. 686-986-784 de 19:30 a 21:30 desde o xoves 8 ata o xoves 15.

Tedes que levar botas de goma (ou botas de camiñar polo monte), é tamén sería bo que levásedes algúnha ferramenta para facer buratos; azadón ou laia. (se non dispodes desta ferramenta tampou pasa nada, poderemos compartir e axudar igulmente).

E aconsellable levar outro calzado para cambiarse ao remate da plantación, é segundo o caso tamén sería bo levar un pantalón de reposto.

Segúndo a climatoloxía levade roupa de abrigo.

Finalizada a plantación xantaremos todos xuntos.
Máis información ao anotarvos e si tedes calquera dúbida consultadea sen compromiso.

Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!






luns, 5 de febreiro de 2018

ILP para a Defensa do Bosque Autóctono e a Loita contra os Incendios (Cousa de Raíces)

Bidueiro, xunto co resto de colectivo que promovemos "Cousa de Raíces", estamos a recoller sinaturas en favor da ILP  para a Defensa do Bosque Autóctono e a Loita contra os Incendios.

Se non asinache, ainda estás a tempo, ponte en contacto coa nosa Asociación e terás a oportunidade de poder colaborar con esta proposta conxunta para mellorar as condicións actuais dos nosos bosques.


AS RAZÓNS desta Iniciativa Lexislativa Popular...

  *Pola imparábel extensión do eucalipto, que xa ocupa máis de 500.000 hectáreas, duplicando o previsto polo Plano Forestal vixente para 2032.
  *Porque esta árbore esténdese xa polo 17% do total de Galiza, de xeito de que 1 de cada 5 metros cadrados de territorio está ocupado por un eucalipto.

  *Porque lumes e eucaliptos teñen relación directa: a información oficial amosa que os eucaliptais arden 3,55 veces máis que os bosques de frondosas.

  *Pola recente desregulación da biomasa que aumentará a presión para forestar enormes superficies con cultivos enerxéticos (Eucalyptus nitens, Pawlonia, Liquidambar, bambú...) moitas delas especies invasoras.

  *Polo actual modelo produtivo intensamente forestalista para o monte galego, baseado en aproveitamentos de baixo valor engadido.

  *Polo dominio dos monocultivos de especies alóctonas e pirófilas para pasta, aglomerado e proximamente biomasa, concentrados en moi poucas mans.

  *Pola baixa diversificación e multifuncionalidade nos usos do monte, que devén na existencia dun monopolio dominado polas empresas pasteiro-enerxéticas.

  *Porque se está a favorecer o absentismo e o abandono da actividade agrogandeira que condena a moitos montes e terras agrarias ao eucalipto e finalmente ao lume.

  *Pola escasa superficie de montes de xestión pública cuxa vocación debería ser a conservación dos hábitats naturais, a biodiversidade e a redución do impacto dos lumes forestais.

  *Porque despois de 25 anos, seguimos sen un inventario de masas frondosas autóctonas.

  *Polo deterioro dos servizos ecosistémicos (fertilidade, dispoñibilidade de auga, biodiversidade, etc.) que provocan os monocultivos e os lumes.

  *Porque o actual modelo forestal amplifIca os impactos do cambio climático.

AS PROPOSTAS desta Iniciativa Lexislativa Popular...

 *Fomento da conservación, a investigación, a multifuncionalidade e a sustentabilidade económica e social.

 * Incremento da xestión pública dos montes.

 *Apoio e protección aos montes veciñais en man común.

 *Pulo ás UXFOR fronte ás SOFOR como xeito preferente de xestión dos montes privados.

 *Moratoria indefinida para novos plantíos de Eucalyptus e prohibición na RGEP (Rede Galega de Espazos Protexidos). Programa de redución progresiva da superficie deste xénero.

 *Prohibición dos cultivos forestais de especies exóticas como o Eucalyptus nitens, robinias, acacias, Pawlonia e bambús, algunhas delas invasoras. Erradicación da RGEP.

 *Prohibición das repoboacións en terras agrarias e pasteiros, e eliminación das plantacións ilegais e dos eucaliptos fóra de ordenamento, fomentando a incorporación destas superficies ao Banco de Terras.

 *Porcentaxe de reserva ecolóxica para bosque nativo en plantacións forestais: o 30% en eucaliptais, o 20% en coníferas e o 10% en frondosas.

 *Marco mínimo de plantación para eucaliptais de 4x4m e 20% da masa con ciclo de corta maior de 30 anos.

 *Ruptura masas monoespecíficas con faixas de separación de 100m por cada 50ha de eucaliptos e 50m cada 50ha de piñeiros.

 *Os cultivos forestais destinados a biomasa deberán ter turnos maiores de 10 anos.

 *Maior limpeza nas operacións forestais e retirada subsidiaria das plantacións abandonadas (máis de 3 aproveitamentos).

 *Recuperación dos 100m de anchura para as redes secundarias de xestión da biomasa na loita contra os lumes.

 * Incremento das distancias das plantacións forestais a terras de cultivo, ríos, zonas habitadas, vías de comunicación, etc.

 *  Promoción do pastoreo e a gandería extensiva como elemento natural de desbroce e prevención de incendios.

 *  Perímetro de exclusión 50m das plantacións forestais aos xacementos arqueolóxicos.

 *O PLADIGA será anual e aprobarase no último trimestre do ano anterior ao de aplicación.

  *Realización urxente do Inventario de masas de frondosas autóctonas pendente dende 1992.

  *Fomento da silvicultura con madeiras de calidade.

 *Apoio ás iniciativas de transformación dos produtos do bosque: mobéis de calidade, artesanía e derivados, cogomelos, etc.

 *Axudas directas e exencións fiscais para o mantemento dos bosques autóctonos, mesmo con fins non produtivas.

TI PODES CONTRIBUíR
Á DEFENSA DOS NOSOS BOSQUES:
ASINA XA!

Colectivos que promoven a ILP:
ADEGA, ADENCO, AGA (AS. GALEGA DE APICULTURA), AGRUPACIÓN MICOLÓXICA A ZARROTA, ALIBÓS, ARTEU, APDR, ASOPORCEL, ASOCIACION CULTURAL BIDUEIRO, ASOCIACIÓN GALEGA DE CUSTODIA, BANDULLO ECOLÓXICO, BÉTULA, BICO DE GRAO, BODEGA LÍQUIDO GALLAECIA SL, CARBALLO VIVO, CASTIÑEIRO E NOGUEIRA, CDR ANCARES, CHAO DE CASTRO-ALTAIR, CIG, COLECTIVO AGROCUIR DA ULLOA, COLECTIVO TERRA, COVA DA TERRA, CULTURA DO PAÍS, CVMC DE CUBELA, CONTIMUNDI E ROIS, CVMC DE FROXÁN, CVMC DE LOUSAME, CVMC SOBREIRAS DO FARO, CYCLOWOOD, DATE, EIRA DA XOANA, ENARBORAR O BOSQUE, ERVA, ESPAZO AGROECOLÓXICO A ESTRUGA, FACTORÍA DE IDEAS, FEG (FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA), FORO DO CAMIÑO, FORO ECOLÓXICO DE RIBEIRA, FROUMA FORESTAL, FRUGA, GRUPO NATURALISTA HÁBITAT, HIFAS DA TERRA, KUNTERBUNT KLUGES DESIGN, QUERCUS SONORA, LAGARES VIVO, MEMBROS DO CENTRO INVESTIGACIÓN LOURIZÁN, MARIÑAPATRIMONIO, MILHULLOA, NATURVIVA, ORGACCMM, OVICA, PETÓN DO LOBO, PLATAFORMA SARRIANA POLO RÍO, POSADA MARRÓN GLAÇE, PROFESORES/AS DA POLITÉCNICA DE LUGO, PROXECTO MONTENOSO, PROXECTO NEO, RIDIMOAS, RÍOS CON VIDA, SACHOS Á RÚA, SGO (SOCIEDADE GALEGA DE ORNITOLOXÍA), SOBREIRAS DO ULLA, TESOUROS DE GALICIA, VEGECULTURA SL, VERDEGAIA