Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 18 de xaneiro de 2018

Castrexos e Romanos en Galicia (Provincia de Ourense) Parte I

Nova actividade sociocultural en #bidueiro
Ver aquí algunhas fotografías da actividade


O domingo 28 de xaneiro temos unha actividade dirixida ao coñecemento e disfrute ao redor das culturas Castrexa e Romana.

Castrexos e Romanos en Galicia
Provincia de Ourense (I)


É imprescindible informarse e inscribirse na Asociación chamando ao teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. 


As inscricións poderanse realizar desde o xoves 18 ata o xoves 25 de xaneiro ás 21:30 h.

Sairemos as 10:00 h. en vehículos particulares desde Vigo (pregase puntualidade).
Desplazarémonos ata os concellos de San Amaro e Punxín (Ourense)
Membros do Seminario de Estudos Galegos, institución creada en 1923 para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego.
Pola mañá realizaremos unha visita guiada ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa que alberga un dos xacementos castrexos máis impoñentes do noroeste peninsular: O Castro de San Cibrao de Las, o cal sorpende pola súa monumentalidade así como polo seu excelente estado de conservación.
Unha boa ocasión para ter información de primeira man sobre a historia do Castro de San Cibrao de Las, tamen coñecido como "A Cidade".

Florentino López Cuevillas con sombreiro e paxariña e Xosé Filgueira Valverde
Coñeceremos a historia e vivencias dos seus principais historiadores, entre os que sobresae o antropólogo, escritor e prehistoriador ourensá Florentino López Alonso Cuevillas.
O Monte San Trocado entre os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro
Aproveitaremos a mañá para achegarnos ao Monte San Trocado, sacralizado desde tempos moi afastados e que hoxe en día ségueo sendo a través dunha ermida consagrada a San Torcuato e unha romaría proveniente desde as tres poboacións sobre as que se eleva. 

Na divisoria dos termos municipais de San Amaro, Cenlle e Puxín, coñeceremos a ermita de San Trocado. A capela controla a confluencia do río Barbantiño co río Miño e o acceso ao interior de Galicia.
Coa chegada dos Romanos a cultura Castrexa mudará para adaptarse as novas circunstancias.
O xantar será co que cada un queira levar para a ocasión. Podedes ampliar a información na Asociación.
Pola tarde desprazarémonos ata as Termas de Outariz para gozar das súas augas e das súas propiedades, como xa o facían os Romanos hai máis de 2000 anos.
Para as termas tedes que levar chanclas e toalla ou albornoz.
Esta é unha actividade sociocultural para divulgar e coñecer a nosa historia, gozando en grupo co noso valioso patrimonio, da historia dos nosos ancestros e da natureza na que vivimos e que queremos mellorar.

Os desprazamentos nesta actividade serán en vehículos particulares e soamente haberá curtos desprazamentos a pé dentro do Castro de San Cibrao e no seu Centro de Interpretación.

Esta é unha actividade na que podedes participar todos os inscritos, sen ningún requisito en canto a condición física ou idade, si ben hai que ter presente que unha actividade en grupo e hai que respetar as condicións estipuladas pola Asociación Cultural Bidueiro paro o bo desenvolvemento da mesma.


Ven gozar con Bidueiro,
 seremos os teus amigos!

Tamén podes seguirnos en:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: