Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 18 de xaneiro de 2018

Castrexos e Romanos en Galicia (Provincia de Ourense) Parte I

Nova actividade sociocultural en #bidueiro
Ver aquí algunhas fotografías da actividade


O domingo 28 de xaneiro temos unha actividade dirixida ao coñecemento e disfrute ao redor das culturas Castrexa e Romana.

Castrexos e Romanos en Galicia
Provincia de Ourense (I)


É imprescindible informarse e inscribirse na Asociación chamando ao teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. 


As inscricións poderanse realizar desde o xoves 18 ata o xoves 25 de xaneiro ás 21:30 h.

Sairemos as 10:00 h. en vehículos particulares desde Vigo (pregase puntualidade).
Desplazarémonos ata os concellos de San Amaro e Punxín (Ourense)
Membros do Seminario de Estudos Galegos, institución creada en 1923 para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego.
Pola mañá realizaremos unha visita guiada ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa que alberga un dos xacementos castrexos máis impoñentes do noroeste peninsular: O Castro de San Cibrao de Las, o cal sorpende pola súa monumentalidade así como polo seu excelente estado de conservación.
Unha boa ocasión para ter información de primeira man sobre a historia do Castro de San Cibrao de Las, tamen coñecido como "A Cidade".

Florentino López Cuevillas con sombreiro e paxariña e Xosé Filgueira Valverde
Coñeceremos a historia e vivencias dos seus principais historiadores, entre os que sobresae o antropólogo, escritor e prehistoriador ourensá Florentino López Alonso Cuevillas.
O Monte San Trocado entre os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro
Aproveitaremos a mañá para achegarnos ao Monte San Trocado, sacralizado desde tempos moi afastados e que hoxe en día ségueo sendo a través dunha ermida consagrada a San Torcuato e unha romaría proveniente desde as tres poboacións sobre as que se eleva. 

Na divisoria dos termos municipais de San Amaro, Cenlle e Puxín, coñeceremos a ermita de San Trocado. A capela controla a confluencia do río Barbantiño co río Miño e o acceso ao interior de Galicia.
Coa chegada dos Romanos a cultura Castrexa mudará para adaptarse as novas circunstancias.
O xantar será co que cada un queira levar para a ocasión. Podedes ampliar a información na Asociación.
Pola tarde desprazarémonos ata as Termas de Outariz para gozar das súas augas e das súas propiedades, como xa o facían os Romanos hai máis de 2000 anos.
Para as termas tedes que levar chanclas e toalla ou albornoz.
Esta é unha actividade sociocultural para divulgar e coñecer a nosa historia, gozando en grupo co noso valioso patrimonio, da historia dos nosos ancestros e da natureza na que vivimos e que queremos mellorar.

Os desprazamentos nesta actividade serán en vehículos particulares e soamente haberá curtos desprazamentos a pé dentro do Castro de San Cibrao e no seu Centro de Interpretación.

Esta é unha actividade na que podedes participar todos os inscritos, sen ningún requisito en canto a condición física ou idade, si ben hai que ter presente que unha actividade en grupo e hai que respetar as condicións estipuladas pola Asociación Cultural Bidueiro paro o bo desenvolvemento da mesma.


Ven gozar con Bidueiro,
 seremos os teus amigos!

Tamén podes seguirnos en:



Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria de Socios en Bidueiro


Segundo convocatoria enviada por correo a todos os socios de #bidueiro, este sábado día 20 de xaneiro ás 18:00 en 1ª convocatoria e ás 18:30 en 2ª convocatoria, celebraremos unha Asemblea Xeral Ordinaria de Socios.

Os detalles dos temas para tratar, lugar de celebración e resto de información figura na convocatoria pero se tedes algunha dúbida sobre o particular podedes poñervos en contacto coa Asociación e informarémosvos.

Na Asemblea tamén expoñeremos os próximos proxectos nos que estamos a traballar e o programa de actividades para o ano 2018.

Colabora e participa!
Se aínda non es socio e queres colaborar ou formar parte de #bidueiro, ponte en contacto coa Asociación e facilitarémosche toda a información que precises.
#biduero é unha Asociación cultural, medioambiental, social e recreativa sen ánimo de lucro que dentro dos seus diferentes proxectos desenvolve múltiples actividades dirixidas aos socios e á consecución dos seus fins sociais.
Información sobre altas de socios

Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!

venres, 5 de xaneiro de 2018

Illa de Arousa (Norte)



O domingo 14 de xaneiro temos actividade de sendeirismo na Illa de Arousa (norte)


Sairemos de Vigo as 09:00 h. en vehículos particulares.


Ruta de sendeirismo de dificultade baixa e cun percorrido aproximado de 13 km.


Actividade de sendeirismo que inclúe unha visita guiada ao patrimonio industrial.


Xa te podes inscribir chamando ao teléfono da Asociación nº 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. de luns a venres.


Información para todas as rutas de sendeirismo con Bidueiro

Aconsellamos leer detidamente todas as recomendación e normas sobre as actividades da Asociación Cultural Bidueiro, en particular sobre as rutas de sendeirimso. Ante calquera tipo de dubida sobre este particular, agardamos que fagades sen compromiso todas as consultas que consideredes precisas, así mesmo calquera suxerencia será ben recibida buscando sempre o mellor para todos.

As actividades de Bidueiro son para gozar, coñecer, relacionarse, aprender, divulgar, protexer e colaborar.

En calquera actividade da Asociación teñen preferencia os socios e sempre por orde de inscrición na mesma.

Para as rutas de sendeirismo debemos de estar mínimamente afeitos a camiñar e que nos guste facelo en contornas naturais. En condicións físicas normais todos podemos participar pero si tes algunha dúbida consultanos e te asesoraremos mellor.

Maioritariamente nosas saídas de sendeirísmo son de dificultade Media-Baixa ou Media, e moi excepcionalmente de dificultade Media-Alta sen chegar núnca a dificultade Alta. Facemos percorridos na procura do interese natural, cultural ou social. Por norma camiñamos a un ritmo normal e sen presas, porque non nos gusta ir a correr, pero o que sí nos gusta e procurar respetar os horarios e pensar en todos. Igualmente, procuramos non facer rutas de máis de 20 km. sendo a gran maioria de entre 12 e 16 km. (loxicamente a orografía do terreo e o desnivel acumulado influen moitísimo en que as poidamos facer máis cortas ou máis longas), evitando na medida do posible grandes desniveis ou dificultades técnicas de calquera tipo, salvo algún caso moi puntual que polo seu interese especial fagao imprescindible, o que se comunicaría previamente.

Debemos adaptarnos e respetar as particularidades do grupo de participantes, así como as indicacións dos persoas responsables da actividade según o caso; directivos, monitores, guías ou calquera outro colaborador na mesma.

Ao longo dos percorridos indicaráse os lugares máis axeitados para facer as paradas que sexan precisas; descansar, comer, visitas, etc. O ritmo da camiñada e normal e sen presas, sempre dentro dos horarios estimados previamente para toda a xornada, que para non verse alterados debemos respetar.

As saídas poderanse suspender en calquera momento, por motivos organizativos, climatolóxicos ou por calquera outro imprevisto, sempre co obxetivo de garantir a seguridade dos participantes, ben sexa antes de dar comenzo ou no transcurso da mesma. En caso de cancelación previa das actividades, comunicarase telefónicamente ás persoas inscritas. 
Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!!