Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

luns, 20 de novembro de 2017

Os Carranos (Covelo)

O domingo 3 de decembro faremos a bonita e interesante ruta de sendeirismo de "Os Carranos" no concello de Covelo.
Ver aquí algunhas fotografías da actividade
É unha ruta corta de aproximadamente 9 km. e con unha dificultade baixa, sen esquecernos de que será unha camiñada por carreiros e corredoiras empedradas.
Sairemos as 09:30 desde Vigo en vehículos particulares.
Desprazaremonos ata o concello de Covelo onde gozaremos desta preciosa ruta.
Aproveitaremos para realizar unha visita guiada ao conxunto etnográfico do serradoiro de Os Carranos.
Xantaremos unha vez finalizada a camiñada, aproximadamente as 15:30 h.

Hai que levar mochila con auga, fruta, bocata ou o que desexedes para media mañá. Lembrade que xantaremos un pouco máis tarde do habitual.
Levade calzado cómodo e axeitado para sendeirismo. 
Segundo as previsións climáticas para a xornada levade roupa de abrigo, impermeabeis, etc.
Para esta camiñada soamente requírese ter ganas de gozar da natureza e estar minimamente afeitos camiñar por carreiros e camiños. 
Actividade para todas as idades, onde os menores de idade tamén poden participar cumprindo unhas normas concretas de inscrición no seu caso.
Recomendamos deixar no coche calzado e roupa de reposto por se fose necesaria ao finalizar a ruta.
Calquera dúbida consultádea, é o mellor para todos
En todas as nosas actividades teñen prioridade os socios pero calquera pode participar previa inscrición para coñecer a nosa Asociación.
Imprescindible informarse e inscribirse chamando a Biduero ao teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. de luns a venres.

Información para todas as rutas de sendeirismo con Bidueiro

Aconsellamos leer detidamente todas as recomendación e normas sobre as actividades da Asociación Cultural Bidueiro, en particular sobre as rutas de sendeirimso. Ante calquera tipo de dubida sobre este particular, agardamos que fagades sen compromiso todas as consultas que consideredes precisas, así mesmo calquera suxerencia será ben recibida buscando sempre o mellor para todos.

As actividades de Bidueiro son para gozar, coñecer, relacionarse, aprender, divulgar, protexer e colaborar.

En calquera actividade da Asociación teñen preferencia os socios e sempre por orde de inscrición na mesma.

Para as rutas de sendeirismo debemos de estar mínimamente afeitos a camiñar e que nos guste facelo en contornas naturais. En condicións físicas normais todos podemos participar pero si tes algunha dúbida consultanos e te asesoraremos mellor.

Maioritariamente nosas saídas de sendeirísmo son de dificultade Media-Baixa ou Media, e moi excepcionalmente de dificultade Media-Alta sen chegar núnca a dificultade Alta. Facemos percorridos na procura do interese natural, cultural ou social. Por norma camiñamos a un ritmo normal e sen presas, porque non nos gusta ir a correr, pero o que sí nos gusta e procurar respetar os horarios e pensar en todos. Igualmente, procuramos non facer rutas de máis de 20 km. sendo a gran maioria de entre 12 e 16 km. (loxicamente a orografía do terreo e o desnivel acumulado influen moitísimo en que as poidamos facer máis cortas ou máis longas), evitando na medida do posible grandes desniveis ou dificultades técnicas de calquera tipo, salvo algún caso moi puntual que polo seu interese especial fagao imprescindible, o que se comunicaría previamente.

Debemos adaptarnos e respetar as particularidades do grupo de participantes, así como as indicacións dos persoas responsables da actividade según o caso; directivos, monitores, guías ou calquera outro colaborador na mesma.

Ao longo dos percorridos indicaráse os lugares máis axeitados para facer as paradas que sexan precisas; descansar, comer, visitas, etc. O ritmo da camiñada e normal e sen presas, sempre dentro dos horarios estimados previamente para toda a xornada, que para non verse alterados debemos respetar.

As saídas poderanse suspender en calquera momento, por motivos organizativos, climatolóxicos ou por calquera outro imprevisto, sempre co obxetivo de garantir a seguridade dos participantes, ben sexa antes de dar comenzo ou no transcurso da mesma. En caso de cancelación previa das actividades, comunicarase telefónicamente ás persoas inscritas. 

Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: