Somos unha Asociación Cultural, Ambiental e Social sen ánimo de lucro. Os fins de Bidueiro son o estudo, protección, conservación e divulgación da cultura, a natureza e o patrimonio, así como fomentar as relacións sociais e interxeracionais. Somos un lugar de encontro para compartir inquedanzas e experiencias nestes eidos. Desde o altruismo organizamos; obradoiros, saídas culturais, camiñatas culturais e ambientais, voluntariado social e ambiental, xornadas gastronómicas, estudos...
mércores, 29 de novembro de 2017
I Xornada galego-portuguesa contra a eucaliptización e os incendios
O programa da Xornada para os días 2 e 3 de Decembro e o seguinte:
Participa, infórmate, implícate ...
Participa, infórmate, implícate ...
luns, 20 de novembro de 2017
XXVII Semana de Cine Submarino en Vigo
Un ano máis por estas datas podemos gozar da Semana de Cine Submarino de Vigo, organizada polo Departamento de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo. Esta XXVII edición terá lugar no Teatro Afundadicón de Vigo os días 22, 23 e 24 de novembro.
Xantar de Nadal en Bidueiro
Ver aquí algunhas fotografías da actividade
Como todos os anos, por estas datas celebramos o Xantar de Nadal.
Como todos os anos, por estas datas celebramos o Xantar de Nadal.
Este ano o Xantar será o día 17 de decembro en Redondela, pero antes aproveitaremos a mañá realizando unha visita sociocultural ao Museo Meirande en Rande (Redondela).
Agardamos a participación de todos para o que abriremos a lista de inscricións o xoves 30 de novembro e pecharase o xoves 14 de decembro.
Sairemos as 11:30 h. en vehículos particulares desde Vigo.
Máis información e inscricións no 686-986-784 de 19:30 a 21:30 h.
Máis información e inscricións no 686-986-784 de 19:30 a 21:30 h.
Este Xantar de Nadal coa visita sociocultural será a última actividade do ano 2017. Para o próximo ano estamos a preparar moitas e variadas propostas, todas moi diferentes e moi interesantes, nas que agardamos podamos participar todos, gozando e colaborando.
Ven gozar con Bidueiro,
Os Carranos (Covelo)
O domingo 3 de decembro faremos a bonita e interesante ruta de sendeirismo de "Os Carranos" no concello de Covelo.
Ver aquí algunhas fotografías da actividade
É unha ruta corta de aproximadamente 9 km. e con unha dificultade baixa, sen esquecernos de que será unha camiñada por carreiros e corredoiras empedradas.Ver aquí algunhas fotografías da actividade
Sairemos as 09:30 desde Vigo en vehículos particulares.
Desprazaremonos ata o concello de Covelo onde gozaremos desta preciosa ruta.
Aproveitaremos para realizar unha visita guiada ao conxunto etnográfico do serradoiro de Os Carranos.
Xantaremos unha vez finalizada a camiñada, aproximadamente as 15:30 h.


Hai que levar mochila con auga, fruta, bocata ou o que desexedes para media mañá. Lembrade que xantaremos un pouco máis tarde do habitual.
Levade calzado cómodo e axeitado para sendeirismo.
Segundo as previsións climáticas para a xornada levade roupa de abrigo, impermeabeis, etc.
Para esta camiñada soamente requírese ter ganas de gozar da natureza e estar minimamente afeitos camiñar por carreiros e camiños.
Actividade para todas as idades,
onde os menores de idade tamén poden participar cumprindo unhas normas
concretas de inscrición no seu caso.
Recomendamos deixar no coche calzado e roupa de reposto por se fose necesaria ao finalizar a ruta.
Calquera dúbida consultádea, é o mellor para todos
En todas as nosas actividades
teñen prioridade os socios pero calquera pode participar previa
inscrición para coñecer a nosa Asociación.
Imprescindible informarse e
inscribirse chamando a Biduero ao teléfono 686-986-784 en horario de
19:30 a 21:30 h. de luns a venres.
Información para todas as rutas de sendeirismo con Bidueiro
Aconsellamos
leer detidamente todas as recomendación e normas sobre as actividades
da Asociación Cultural Bidueiro, en particular sobre as rutas de
sendeirimso. Ante calquera tipo de dubida sobre este particular,
agardamos que fagades sen compromiso todas as consultas que consideredes
precisas, así mesmo calquera suxerencia será ben recibida buscando
sempre o mellor para todos.
As actividades de Bidueiro son para gozar, coñecer, relacionarse, aprender, divulgar, protexer e colaborar.
En calquera actividade da Asociación teñen preferencia os socios e sempre por orde de inscrición na mesma.
Para
as rutas de sendeirismo debemos de estar mínimamente afeitos a camiñar e
que nos guste facelo en contornas naturais. En condicións físicas
normais todos podemos participar pero si tes algunha dúbida consultanos e
te asesoraremos mellor.
Maioritariamente
nosas saídas de sendeirísmo son de dificultade Media-Baixa ou Media, e
moi excepcionalmente de dificultade Media-Alta sen chegar núnca a
dificultade Alta. Facemos percorridos na procura do interese natural,
cultural ou social. Por norma camiñamos a un ritmo normal e sen presas,
porque non nos gusta ir a correr, pero o que sí nos gusta e procurar
respetar os horarios e pensar en todos. Igualmente, procuramos non facer
rutas de máis de 20 km. sendo a gran maioria de entre 12 e 16 km.
(loxicamente a orografía do terreo e o desnivel acumulado influen
moitísimo en que as poidamos facer máis cortas ou máis longas), evitando
na medida do posible grandes desniveis ou dificultades técnicas de
calquera tipo, salvo algún caso moi puntual que polo seu interese
especial fagao imprescindible, o que se comunicaría previamente.
Debemos
adaptarnos e respetar as particularidades do grupo de participantes,
así como as indicacións dos persoas responsables da actividade según o
caso; directivos, monitores, guías ou calquera outro colaborador na
mesma.
Ao
longo dos percorridos indicaráse os lugares máis axeitados para facer
as paradas que sexan precisas; descansar, comer, visitas, etc. O ritmo
da camiñada e normal e sen presas, sempre dentro dos horarios estimados
previamente para toda a xornada, que para non verse alterados debemos
respetar.
As
saídas poderanse suspender en calquera momento, por motivos
organizativos, climatolóxicos ou por calquera outro imprevisto, sempre
co obxetivo de garantir a seguridade dos participantes, ben sexa antes
de dar comenzo ou no transcurso da mesma. En caso de cancelación previa
das actividades, comunicarase telefónicamente ás persoas inscritas.
Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)