O domingo 5 de novembro celebraremos o Magosto social
Sairemos as 09:30 h. en vehículos particulares desde Vigo e nos desprazaremos ata o Monte Aloia en Tui.
Faremos unha visita ao Centro de Interpretación do Parque Natural do Monte Aloia.
Se o tempo permítenolo faremos un paseo para gozar do bosque no outono, cunha duración aproximada de hora e media. Para iso hai que levar roupa e calzado adecuado para camiñar polo monte.
Entre todos prepararemos as castañas e as brasas para asalas e degustalas despois do xantar.
Para o xantar podedes levar vosa propia comida e bebida ou ao inscribirvos reservar o rico menú que vos ofreceremos.
No caso de que o tempo non fose o adecuado, cancelaríase o paseo, manténdose igual o resto da xornada, xa que celebraremos o Magosto nun local acondicionado para iso.
En todas as nosas actividades teñen prioridade os socios pero calquera pode acompañarnos previa inscrición para coñecer mellor a nosa Asociación.
Calquera dúbida podedes consultala sen compromiso na Asociación.
Imprescindible informarse e inscribirse chamando a Bidueiro ao teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h.
Pechamos as inscricións o xoves 2 de novembro ás 21:30 h.
Ven gozar con bidueiro, seremos os teus amigos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: