Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 26 de outubro de 2017

A Fraga do Barragán

Domingo 19 de novembro de 2017
Sendeirismo
A Fraga do Barragán
Pazos de Borbén 

VER AQUÍ ALGUNHAS FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE
Saida as 09:00 h. desde Vigo en vehículos particulares.
Desprazarémonos ata o concello de Pazós de Borbén
A ruta despois de adaptala ás nosas necesidades terá unha lonxitude aproximada de 13 Km.
É un percorrido de dificultade media-baixa que soamente require ter ganas de gozar da natureza e estar minimamente afeitos camiñar por carreiros e camiños. 
Actividade para todas as idades, onde os menores de idade tamén poden participar cumprindo unhas normas concretas de inscrición no seu caso.
Hai que levar calzado e roupa axeitada para camiñar polo monte. Segundo as condicións climáticas da xornada haberá que levar roupa de abrigo, chuvasquero, ponchos, paragüas, etc. 
Temos que levar mochila coa comida; bocadillos, auga, froita, etc.
Recomendamos deixar no coche calzado e roupa de reposto por se fose necesaria ao finalizar a ruta.
En todas as nosas actividades teñen prioridade os socios pero calquera pode participar previa inscrición para coñecer mellor a nosa Asociación.
Imprescindible informarse e inscribirse chamando a Biduero ao teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. de luns a venres.
Información para todas as rutas de sendeirismo con Bidueiro
Aconsellamos leer detidamente todas as recomendación e normas sobre as actividades da Asociación Cultural Bidueiro, en particular sobre as rutas de sendeirimso. Ante calquera tipo de dubida sobre este particular, agardamos que fagades sen compromiso todas as consultas que consideredes precisas, así mesmo calquera suxerencia será ben recibida buscando sempre o mellor para todos.

As actividades de Bidueiro son para gozar, coñecer, relacionarse, aprender, divulgar, protexer e colaborar.

En calquera actividade da Asociación teñen preferencia os socios e sempre por orde de inscrición na mesma.

Para as rutas de sendeirismo debemos de estar mínimamente afeitos a camiñar e que nos guste facelo en contornas naturais. En condicións físicas normais todos podemos participar pero si tes algunha dúbida consultanos e te asesoraremos mellor.

Maioritariamente nosas saídas de sendeirísmo son de dificultade Media-Baixa ou Media, e moi excepcionalmente de dificultade Media-Alta sen chegar núnca a dificultade Alta. Facemos percorridos na procura do interese natural, cultural ou social. Por norma camiñamos a un ritmo normal e sen presas, porque non nos gusta ir a correr, pero o que sí nos gusta e procurar respetar os horarios e pensar en todos. Igualmente, procuramos non facer rutas de máis de 20 km. sendo a gran maioria de entre 12 e 16 km. (loxicamente a orografía do terreo e o desnivel acumulado influen moitísimo en que as poidamos facer máis cortas ou máis longas), evitando na medida do posible grandes desniveis ou dificultades técnicas de calquera tipo, salvo algún caso moi puntual que polo seu interese especial fagao imprescindible, o que se comunicaría previamente.

Debemos adaptarnos e respetar as particularidades do grupo de participantes, así como as indicacións dos persoas responsables da actividade según o caso; directivos, monitores, guías ou calquera outro colaborador na mesma.

Ao longo dos percorridos indicaráse os lugares máis axeitados para facer as paradas que sexan precisas; descansar, comer, visitas, etc. O ritmo da camiñada e normal e sen presas, sempre dentro dos horarios estimados previamente para toda a xornada, que para non verse alterados debemos respetar.

As saídas poderanse suspender en calquera momento, por motivos organizativos, climatolóxicos ou por calquera outro imprevisto, sempre co obxetivo de garantir a seguridade dos participantes, ben sexa antes de dar comenzo ou no transcurso da mesma. En caso de cancelación previa das actividades, comunicarase telefónicamente ás persoas inscritas. 

Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!!


mércores, 25 de outubro de 2017

I Xornada Galega de Patrimonio Natural e Biodiversidade

Tomade nota de esta interesante I Xornada Galega de Patrimonio Natural e Biodiversidade, xornada con un amplo e interesante programa que está organizada pola S.G.H.N. coa colaboración da Universidade de Vigo.






martes, 24 de outubro de 2017

Magosto Popular con Bidueiro

O domingo 5 de novembro celebraremos o Magosto social



Sairemos as 09:30 h. en vehículos particulares desde Vigo e nos desprazaremos ata o Monte Aloia en Tui.
Faremos unha visita ao Centro de Interpretación do Parque Natural do Monte Aloia.

Se o tempo permítenolo faremos un paseo para gozar do bosque no outono, cunha duración aproximada de hora e media. Para iso hai que levar roupa e calzado adecuado para camiñar polo monte.


Entre todos prepararemos as castañas e as brasas para asalas e degustalas despois do xantar.




Para o xantar podedes levar vosa propia comida e bebida ou ao inscribirvos reservar o rico menú que vos ofreceremos.





No caso de que o tempo non fose o adecuado, cancelaríase o paseo, manténdose igual o resto da xornada, xa que celebraremos o Magosto nun local acondicionado para iso.



En todas as nosas actividades teñen prioridade os socios pero calquera pode acompañarnos previa inscrición para coñecer mellor a nosa Asociación.

Calquera dúbida podedes consultala sen compromiso na Asociación.

Imprescindible informarse e inscribirse chamando a Bidueiro ao teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h.

Pechamos as inscricións o xoves 2 de novembro ás 21:30 h.


Ven gozar con bidueiro, seremos os teus amigos!!








Cousa de Raíces presentou no Parlamento Galego unha proposta de Lei (ILP) para frear o eucalipto e coidar do monte galego

Cousa de Raíces propón unha lei para frear o eucalipto e coidar do monte galego


Este 19 de outubro, a rede “Cousa de Raíces”, conformada por unhas 60 entidades, ecoloxistas, agrarias, sindicais, cooperativistas, empresariais, de investigación,… presentou no Parlamento Galego unha proposición de lei por iniciativa lexislativa popular (ILP) para salvar os nosos bosques do lume e dos eucaliptos. Xa é hora de cambiar o modelo forestal, de abandonar o monocultivo de especies pirófitas,  de fomentar todas as potencialidade dos nosos montes,  non só a forestalista, e de procurar o asentamento da xente no rural. Se non comezamos a actuar nesta dirección en serio, a problemática dos lumes será cada vez maior, axudada polos efectos do cambio climático. Tamén é hora de ver de que lado está cadaquén!
As razóns da terceira ILP forestal promovida en Galiza en 30 anos: Exposición de motivos da Proposición de lei por iniciativa lexislativa popular para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais.
A pesar da importancia da superficie de monte en Galiza, por volta dos 2/3 do total do territorio, as políticas aplicadas desde a entrada en vigor do Plano Forestal (1992) non conseguiron compatibilizar os aspectos produtivos do monte coa conservación dos hábitats naturais, particularmente dos bosques autóctonos, historicamente degradados e cada día máis diminuídos en relación coas plantacións de árbores de crecemento rápido.
Representantes de varios colectivos que integran Cousa de Raíces logo de ter presentado o texto da ILP no Parlamento Galego.
O devandito Plano Forestal cun horizonte de aplicación de 40 anos (2032) visaba unha extensión máxima do eucalipto dunhas 245.000 hectáreas. No primeiro Inventario Forestal Nacional (IFN I) de 1972/73, o eucalipto estaba presente nun total de 131.181 hectáreas. Para o máis recente (IFN IV), realizado en Galiza no ano 2009, o eucalipto estendérase xa por 433.915 hectáreas entre masas puras e mixtas. A finais de 2016 a superficie de eucaliptais en Galiza podería superar xa as 500.000 hectáreas, duplicando a falta de 13 anos as previsións máximas do Plano Forestal de 1992. En proporción ao total do territorio, a especie cobre xa case o 17% de Galiza, mentres que en Portugal non chega ao 9%. A intensidade de ocupación da nosa terra é portanto dupla que no país veciño. Este dato chama a atención non só pola importante superficie que representa, senón tamén porque de todos os estados europeos, só España e Portugal permiten o monocultivo desta árbore.   Asemade, parte desta superficie está ocupada por eucaliptos fóra de ordenamento, isto é, asilvestrados ou ventureiros, que medran moitas veces despois de incendios como acontece con outras especies pirófilas.
Asemade, nos últimos tempos unha nova especie de eucalipto, o Eucalyptus nitens, engadiuse aos plantíos, ocupando a espazos antes vetados para o E. globulus, dada a súa maior resistencia ao frío. O E. nitens foi considerado polo Comité científico de flora e fauna silvestres do Ministerio español do ambiente como unha “especie exótica en expansión, con alto risco de invasión e perigosa para a biodiversidade e a funcionalidade dos ecosistemas”. Malia non estar formalmente incluído no Catálogo estatal de especies exóticas e invasoras, o E. nitens éo. En consecuencia, as administracións públicas deberían prohibir o seu cultivo en todo o territorio galego e poñer en marcha un plano de control e erradicación naquelas áreas nas que xa estea presente.
Este forte aumento do eucalipto vese favorecido por un modelo de explotación do monte intensamente forestalista, que aposta pola produción de madeira con pouco valor engadido. Tamén ten a ver co abandono agrario, o despoboamento e o declive do medio rural galego, caldo de cultivo para os lumes forestais, favorecidos pola mudanza climática e o carácter pirófilo das especies forestais empregadas.
Tamén a aplicación dunha Política Agraria Común (PAC), tanto por parte do goberno galego como español, que destrúe ás economías familiares en beneficio das multinacionais mediante a imposición de prezos ridículos sobre as producións agrarias e gandeiras, provoca o abandono do mundo rural e favorece a extensión do monocultivo de especies de crecemento rápido sobre as terras agrarias abandonadas.
A falla dun modelo produtivo sustentábel, multifuncional e socialmente inclusivo, fai que o destino de moitos montes e terras agrarias remate sendo o monocultivo, nomeadamente de eucalipto, substituíndo ás frondosas autóctonas, e finalmente o lume. Esta ocupación está a atinxir tamén aos espazos protexidos e ás terras agrarias, contravindo unha lexislación por veces demasiado permisiva e discrecional. Faise imperativo, xa que logo, aumentar as cautelas e clarexar as determinacións legais, garantindo o cumprimento das normas e abordando a recuperación dos usos orixinais e a rexeneración dos hábitats degradados por plantíos ilegais.
Constatamos tamén a escasa superficie ocupada polos montes de xestión pública. A vocación primeira destes espazos debería ser a conservación dos valiosos hábitats naturais, chave para ao amortecemento dos efectos do cambio climático, a conservación da biodiversidade e a redución do impacto dos lumes forestais. Malia ao aprobado no Plano Forestal de 1992, 25 anos despois seguimos sen contar cun inventario de masas de frondosas autóctonas, ferramenta fundamental para poder planificar non só medidas de conservación, senón tamén para deseñar estratexias de xestión que maximicen os beneficios do bosque autóctono.
Somos conscientes de que o aproveitamento forestal intensivo con especies alóctonas, pirófilas e de crecemento rápido comporta o deterioro de servizos ecosistémicos que como a diversidade natural, a dispoñibilidade de auga, a fertilidade do solo, ou a calidade paisaxística, son importantes para a vida e o mantemento das actividades económicas da nosa sociedade. Os monocultivos de pirófilas, quer para madeira, pasta ou biomasa (cultivos enerxéticos) inciden tamén na maior frecuencia e intensidade dos lumes; na contaminación de terras e rías con agroquímicos e vertidos das celulosas; no empobrecemento da biodiversidade e no avanzo da erosión, provocando perdas económicas directas e lucro cesante. Este modelo forestal contribúe tamén a fosilizar importantes cantidades de recursos públicos através do PLADIGA -plano de loita contra o lume- que custa anualmente arredor de 150 millóns de euros.
Os modelos de aproveitamento do monte que apostan pola multifuncionalidade de usos, pola utilización das especies autóctonas, e polo mantemento dos servizos ecosistémicos que estas prestan á sociedade, deberían estar primados con incentivos directos e indirectos –exencións-, mesmo sen ter unha fin produtiva. Os nosos bosques naturais prestan un importante servizo á sociedade, polo que semella lóxico que esta repercuta parte dos beneficios a aquelas comunidades e propietarios/as que apostan pola súa conservación e aproveitamento sustentábel.
Tendo en conta estas consideracións e dado o peso territorial do monte galego, faise urxente adoptar medidas para garantir a súa xestión sustentábel e a adaptación aos retos do cambio climático.
E a partir de agora que?
Haberá que agardar 1 mes a que o Parlamento Galego notifique se admite a trámite a ILP. Unha vez confirmado este aspecto e que os pregos de sinaturas estean selados, os colectivos membros de “Cousa de Raíces” procederemos á recollida de sinaturas de apoio a esta Iniciativa Popular por todo o país. Farán falla polo menos 10.000 sinaturas para que esta proposta de Lei prospere e se poida debater no Parlamento Galego, onde se sometería a votación.

Fonte: Cousa de Raíces.

luns, 9 de outubro de 2017

Aniversario da Asociación Cultural Bidueiro

Domingo 22 de outubro
Aniversario 
da
Asociación Cultural Bidueiro
A celebración do aniversario é unha actividade Cultural e Social


Este mes de outubro Bidueiro está de aniversario e celebrarémolo cunha xornada cultural, recreativa e social para compartir esta efeméride entre todos os socios, familiares e amigos.
Nesta ocasión escollemos Ribadavia como núcleo do programa que temos previsto para toda a xornada, facendo en vehículos particulares os desprazamentos entre os diferentes lugares a coñecer.

Será unha xornada cultural e social, onde todos podemos participar. Realizaremos varias visitas cuturais ao longo da mañá e tamén despois do xantar.

Sairemos as 09:00 h. en vehículos particulares desde Vigo. Deprazarémonos ata o extraradio de Ribadavia e sempre nos vehículos particulares irémonoss achegándonos ás diferentes localizacións da actividade.

Faremos un xantar conxunto co que cada un queira levar e sentados comodamente nun local axeitado teremos tempo de lembrar bos momentos. Soamente hai que mercar as bebidos e cafés. 
Para rematar o xantar a Asociación convídavos a degustar unha exquisita torta de aniversario, a soprar as candeas e a un bride pola da Asociación Cultural Bidueiro.

Visitararemos ....
... viñedos historicos do Ribeiro ... 
(A visita aos viñedos e un paseiño, levade roupa totalmente normal de calle pero non e boa idea levar tacóns de agulla. En caso de mal tempo non hai problema, suspendemos os viñedos e nos centramos no siguinte punto da xornada)
... unha famosa e gran bodega con cata de viños incluida ...

... coñeceremos en exclusiva unha historica e impresionante reitoral coas súas grandes bodegas, así como outras edificacións Bens de Interese Cultural...

... e pola tarde faremos unha visita guiada a un dos mellores museos da provincia de Ourense.



Para facilitar a organización das actividades é de agradecer o inscribirnos canto antes. Prazas limitadas. En caso de mal tempo manterase igual toda a xornada xa que case que todo o programa e a cuberto. Abrimos a lista de inscricións o mércores día 11 de outubro. Inscricións ou solventar calquer tipo de duda, por favor, chamadenos ao número de teléfono de Bidueiro 686-986-784

Ven gozar con Biduero!!