Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 14 de setembro de 2017

O Río da Montaña Máxica



O Río da Montaña Máxica


O domingo 24 de setembro faremos a ruta de sendeirismo "O Río da Montaña Máxica" que é unha combinación de varias rutas realizada por Bidueiro para a ocasión, conseguindo que o percorrido sexa máis doado, bonito e con moito máis interese natural, cultural e patrimonial.

Sairemos as 09:00 h. en vehículos particulares desde a rúa Vázquez Varela nº 56 de Vigo, detrás do antigo hospital Xeral e preto da praza de Sta. Rita.

Ruta de dificultade media. Distancia aproximada do percorrido 16 Km. (Para facer ao longo de toda a xornada).


Camiñaremos polo concello de Cerdedo, visitando o centro do pobo e lugares de interese.



Teremos toda unha xornada de natureza no interior da provincia de Pontevedra.


Percorreremos historicos camiños de arrieiros, disfrutaremos nas beiras do río Lerez e Seixo cos seus afluintes e vellos muiños, coñeceremos aldeas esquecidas nas saias da Serra do Cando que resistense ao paso do tempo, así como os lugares onde viviu a sua infancia Frei Martín Sarmiento.


Hai que levar a comida e bebida na mochila, calzado para camiñar por carreiros, roupa de abrigo e impermeable según climatoloxía, e tamén e o máis importante, ter ganas de gozar dunha xornada na natureza e de compartir a experiencia con compañeiros facendo amigos.


Coñeceremos lugares especiais ...


...por algo e o río da Montaña Máxica.


Se estamos atentos seguro que poderemos ver exemplares de fauna salvaxe.
E claro que tamén hai algunhas vacas, pero estas son ganadería VIP, das de antes por aquí case non quedan.


Qué vos parece a saída?

Se vos gusta, informarvos e inscribirvos na Asociación. Non agardes a última hora, así poderemos organizar mellor.



Colabora e comparte con amigos as propostas da A.C.Bidueiro
Importante a ter en conta en calquera ruta de sendeirismo con Bidueiro:
As saidas e rutas de Bidueiro son para gozar, coñecer, relacionarse, aprender, divulgar, protexer e colaborar.
Para as rutas de sendeirismo debemos de estar mínimamente afeitos a camiñar e que nos guste facelo en contornas naturais, vamos, que case todos podemos participar.
Maioritariamente nosas saídas de sendeirísmo son de dificultade Media-Baixa, nalgún caso de dificultade Media e moi excepcionalmente de dificultade Media-Alta sen chegar núnca a dificultade Alta. Facemos percorridos na procura do interese natural, cultural ou social. Por norma camiñamos a un ritmo normal e sen presas, porque non nos gusta ir a correr, pero o que sí nos gusta e procurar respetar os horarios e pensar en todos. Igualmente, procuramos non facer rutas de máis de 18 km. sendo a gran maioria de entre 12 e 16 km. (loxicamente a orografía do terreo e o desnivel acumulado influen moitisimo en que as poidamos facer máis cortas ou máis longas), evitando na medida do posible grandes desniveis ou dificultades técnicas de calquera tipo, salvo algún caso moi puntual que polo seu interese especial fagao imprescindible, o que se comunicaría previamente.
Debemos adaptarnos e respetar as particularidades do grupo de participantes, así como as indicacións dos persoas responsables da actividade según o caso; directivos, monitores, guías ou calquera outro colaborador na mesma.

Ao longo dos percorridos indicaráse os lugares máis axeitados para facer as paradas que sexan precisas; descansar, comer, visitas, etc. O ritmo da camiñada e normal e sen presas, sempre dentro dos horarios estimados previamente para toda a xornada, que para non verse alterados debemos respetar.

As saídas poderanse suspender en calquera momento, por motivos organizativos, climatolóxicos ou por calquera outro imprevisto, sempre co obxetivo de garantir a seguridade dos participantes, ben sexa antes de dar comenzo ou no transcurso da mesma. En caso de cancelación previa das actividades, comunicarase telefónicamente ás persoas inscritas.

Aconsellamos leer detidamente todas as recomendación e normas sobre as actividades da Asociación Cultural Bidueiro, en particular sobre as rutas de sendeirimso. Ante calquera tipo de dubida sobre este particular, agardamos que fagades sen compromiso todas as consultas que consideredes precisas, así mesmo calquera suxerencia será ben recibida buscando sempre o mellor para todos.
Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: