O domingo 8 de outubro faremos a ruta de sendeirismo "O Pequeno Nepal" ou "Pequeno Tibet" no concello de Arcos de Valdevez (Portugal).
É unha ruta de dificultade media e con unha distancia aproximada de 13 km. En algúns tramos haberá desniveis que superaremos paseniñamente. Completaremos o percorrido ao longo de toda a xornada, a modiño pero dentro dos horarios previstos.
O camiño non ten maior dificultade, salvo o desnivel de algún tramo.
O noso percorrido terá un pouco de todo, zonas altas con espectaculares vistas, corredoiras e antigos camiños empedrados, paseo polas beiras do río Vez, moitos chozos e moitas vacas cachenas.
O noso percorrido terá un pouco de todo, zonas altas con espectaculares vistas, corredoiras e antigos camiños empedrados, paseo polas beiras do río Vez, moitos chozos e moitas vacas cachenas.
Hai que levar a comida e a bebida na mochila, botas ou calzado axeitado para camiñar por carreiros, roupa de abrigo e impermeable según climatoloxía.
Coma sempre, recomendamos levar roupa e calzado para deixar nos coches ou autobús, por si foxe necesario utilizala ao finalizar a camiñada.
O máis importante, ter ganas de gozar dunha xornada na natureza e de compartir a experiencia coa familia e amigos.
Se vos gusta a proposta, consultade calquera dúbida e inscribirvos na Asociación.
Non agardes a última hora, así poderemos organizar mellor a actividade.
Comparte coa familia e amigos as propostas de Bidueiro.
Importante para todas as rutas de sendeirismo con Bidueiro:
As saidas e rutas de Bidueiro son para gozar, coñecer, relacionarse, aprender, divulgar, protexer e colaborar.
Para as rutas de sendeirismo debemos de estar mínimamente afeitos a camiñar e que nos guste facelo en contornas naturais, vamos, que case todos podemos participar.
Maioritariamente nosas saídas de sendeirísmo son de dificultade Media-Baixa ou Media, e moi excepcionalmente de dificultade Media-Alta sen chegar núnca a dificultade Alta. Facemos percorridos na procura do interese natural, cultural ou social. Por norma camiñamos a un ritmo normal e sen presas, porque non nos gusta ir a correr, pero o que sí nos gusta e procurar respetar os horarios e pensar en todos. Igualmente, procuramos non facer rutas de máis de 20 km. sendo a gran maioria de entre 12 e 16 km. (loxicamente a orografía do terreo e o desnivel acumulado influen moitísimo en que as poidamos facer máis cortas ou máis longas), evitando na medida do posible grandes desniveis ou dificultades técnicas de calquera tipo, salvo algún caso moi puntual que polo seu interese especial fagao imprescindible, o que se comunicaría previamente.
Debemos adaptarnos e respetar as particularidades do grupo de participantes, así como as indicacións dos persoas responsables da actividade según o caso; directivos, monitores, guías ou calquera outro colaborador na mesma.
Ao longo dos percorridos indicaráse os lugares máis axeitados para facer as paradas que sexan precisas; descansar, comer, visitas, etc. O ritmo da camiñada e normal e sen presas, sempre dentro dos horarios estimados previamente para toda a xornada, que para non verse alterados debemos respetar.
As saídas poderanse suspender en calquera momento, por motivos organizativos, climatolóxicos ou por calquera outro imprevisto, sempre co obxetivo de garantir a seguridade dos participantes, ben sexa antes de dar comenzo ou no transcurso da mesma. En caso de cancelación previa das actividades, comunicarase telefónicamente ás persoas inscritas.
Aconsellamos leer detidamente todas as recomendación e normas sobre as actividades da Asociación Cultural Bidueiro, en particular sobre as rutas de sendeirimso. Ante calquera tipo de dubida sobre este particular, agardamos que fagades sen compromiso todas as consultas que consideredes precisas, así mesmo calquera suxerencia será ben recibida buscando sempre o mellor para todos.