O domingo 10 de setembro faremos a ruta de sendeirismo "O río Tea en Mondariz", con unha distancia aproximada de 13 Km. é o resultado dunha combinación de varias rutas realizada por Bidueiro para a ocasión, conseguindo que o percorrido sexa máis doado, bonito e con moito máis interese natural, cultural e patrimonial.
Sairemos as 09:30 h. en vehículos particulares desde Vigo
Na ruta percorreremos as beiras do río Tea no tramo dos concellos de Mondariz e Mondariz Balneario, estaremos en varias das suas praias fluviais, visitaremos os mananciais das famosas augas de Troncoso e A Gándara, Balnearios, Edificios Emblematicos, Mercados Populares, Pontes e Poldras do Tea, etc.
Lembrade que é imprescindible a inscrición na Asociación chamando ao teléfono 686-986-784 (horario de 19:30 a 21:30 h)
Esta é unha ruta de dificultade baixa para facer ao longo de toda a xornada.
Hai que levar a comida e a bebida na mochila, calzado axeitado para camiñar por carreiros, roupa de abrigo e impermeable segundo a climatoloxía, e tamén e o máis importante, ter ganas de gozar dunha xornada na natureza e de compartir a experiencia.
Quen o desexe que leve bañador porque teremos a posibilidad de bañarnos no Tea.
Visitaremos o mercadillo de Mondariz antes de xantar, polo que si queredes mercar algo para picar e unha boa ocasión para facelo porque hai un pouco de todo.
Non esquezades chamar ao 686-986-784 para reservar billete no tranvía a Mondariz.
Importante e a ter en conta en calquera ruta de sendeirismo con Bidueiro:
As saidas e rutas de Bidueiro son para gozar, coñecer, relacionarse, aprender, divulgar, protexer e colaborar.
Para as rutas de sendeirismo debemos de estar mínimamente afeitos a camiñar e que nos guste facelo en contornas naturais, vamos, que case todos podemos participar.
Maioritariamente nosas saídas de sendeirísmo son de dificultade Media-Baixa, nalgún caso de dificultade Media e moi excepcionalmente de dificultade Media-Alta sen chegar núnca a dificultade Alta. Facemos percorridos na procura do interese natural, cultural ou social. Por norma camiñamos a un ritmo normal e sen presas, porque non nos gusta ir a correr, pero o que sí nos gusta e procurar respetar os horarios e pensar en todos. Igualmente, procuramos non facer rutas de máis de 18 km. sendo a gran maioria de entre 12 e 16 km. (loxicamente a orografía do terreo e o desnivel acumulado influen moitisimo en que as poidamos facer máis cortas ou máis longas), evitando na medida do posible grandes desniveis ou dificultades técnicas de calquera tipo, salvo algún caso moi puntual que polo seu interese especial fagao imprescindible, o que se comunicaría previamente.
Debemos adaptarnos e respetar as particularidades do grupo de participantes, así como as indicacións dos persoas responsables da actividade según o caso; directivos, monitores, guías ou calquera outro colaborador na mesma.
Ao longo dos percorridos indicaráse os lugares máis axeitados para facer as paradas que sexan precisas; descansar, comer, visitas, etc. O ritmo da camiñada e normal e sen presas, sempre dentro dos horarios estimados previamente para toda a xornada, que para non verse alterados debemos respetar.
As saídas poderanse suspender en calquera momento, por motivos organizativos, climatolóxicos ou por calquera outro imprevisto, sempre co obxetivo de garantir a seguridade dos participantes, ben sexa antes de dar comenzo ou no transcurso da mesma. En caso de cancelación previa das actividades, comunicarase telefónicamente ás persoas inscritas.
As saídas poderanse suspender en calquera momento, por motivos organizativos, climatolóxicos ou por calquera outro imprevisto, sempre co obxetivo de garantir a seguridade dos participantes, ben sexa antes de dar comenzo ou no transcurso da mesma. En caso de cancelación previa das actividades, comunicarase telefónicamente ás persoas inscritas.
Aconsellamos leer detidamente todas as recomendación e normas sobre as actividades da Asociación Cultural Bidueiro, en particular sobre as rutas de sendeirimso. Ante calquera tipo de dubida sobre este particular, agardamos que fagades sen compromiso todas as consultas que consideredes precisas, así mesmo calquera suxerencia será ben recibida buscando sempre o mellor para todos.
Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!