Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

xoves, 27 de xullo de 2017

Bidueiro no tempo


Bidueiro no tempo

O tempo fai un percorrido paseniño e déixanos moitos momentos para o recordo, como o da fotografía, na que puidemos retratar a un grupo de bidueiros agardando sobre a ponte de Pontesampaio a chegada de resto da tropa para poder cruzar ata Arcade.

Estade atentos porque nos vindeiros meses iremos achegando moitas máis lembranzas a Bidueiro no tempo.


martes, 25 de xullo de 2017

Bidueiro na praia fluvial de Maceira en Covelo



O vindeiro día 25 de Xullo temos unha xornada lúdica para gozar en familia da natureza. Desplazarémonos ata a praia fluvial de Maceira en Covelo donde pasaremos toda a xornada. 
Faremos unha comida en grupo na praia fluvial, paseo polas beiras do Tea e a gozar do río e da sobremesa a sobra dos salgueiros.
O mes de Agosto pechamos por vacacións e hai que aproveitar a última actividade que nos queda ata Setembro.

domingo, 9 de xullo de 2017

Bidueiro coas Embarcacións Tradicionais




Bidueiro coas Embarcacións Tradicionais

Un ano máis volvemos celebrar a "Travesía pola Ría de Vigo en Embarcacións Tradicionais", nesta ocasión a actividade comezará ás 09:30 h. do domingo 9 de xullo no pantalán de embarcacións tradicionais de Vigo.

Trátase dunha xornada onde coñeceremos a historia deste tipo de embarcacións tradicionais, verdadeiras xoias flotantes cunha presenza moi escasa e case de museo, recibiremos información sobre os seus usos, manexo e características... pero de todo isto, nada mellor que asistir a explicación o propio día.


Realizaremos unha travesía pola ría de Vigo nunha traiñeira tradicional galega, onde remando todos a un tempo e coas indicacións dun experimentado lobo de mar ao temón, alcanzaremos as costas de Cangas.



Despois de desembarcar faremos unha pequena e doada camiñada dunha hora aproximadamente por unha senda costeira ao carón de fermosas praias do morrazo.
   

Ao mediodía comeremos xuntos á sombra dun arboredo preto da praia, pola tarde poderemos gozar dunha preciosa praia e descansar ata a hora de regreso, facendo o percorrido á inversa.


Na traiñeira teremos que remar, pero recibiremos unhas nocións básicas e calquera poderá probar ... só hai que ter tranquilidade e coordinar co grupo ... Non fai falta dalo todo, só o mellor dun mesmo ... esta actividade é para coñecer, colaborar, valorar e gozar.


Haberá que levar a comida para o mediodía nunha mochila, algo de froita ou o que vos apeteza para media mañá e bebida, de todos modos comeremos preto de varios bares/restaurantes.

Na traiñeira teremos que por chaleco de seguridade que vos facilitaremos, podemos levar posto case calquera calzado, pero co cal non escorreguemos moito, lembrade que despois hai que camiñar un pouco, polo que ou utilizamos o mesmo calzado ou teremos que levar outro na mochila.


Segundo as previsións das condicións meteorolóxicas, haberá que levar algunha peza de abrigo, gorro e protección solar. No caso de que as condicións meteorolóxicas desaconsellasen a realización desta actividade, suspenderiámola con previo aviso e se fose preciso no transcurso da mesma.

Para participar hai que chamar a Bidueiro ao número 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30, informarse persoalmente e inscribirse.


Nesta actividade contamos coa colaboración da Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas, que é un referente na conservación deste tipo de embarcacións e en xeral sobre a cultura marítima galega.

Ven gozar con Bidueiro, seremos os teus amigos!!