Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

mércores, 14 de xuño de 2017

Bidueiro adhírese á campaña Cousa de Raíces

A Asociación Cultural Bidueiro co obxectivo de defender o bosque autóctono a través do seu coñecemento e posta en valor, adheriuse á campaña “Cousa de Raíces” xunto con outras 60 entidades preocupadas pola situación actual dos nosos bosques.

Os nosos estatutos no apartado e) dos fins sociais dispoñen; “Fomentar a divulgación, coñecemento, protección e recuperación do contorna natural, tratando de evitar a degradación do medio ambiente en todas as súas ordes, preservando o equilibrio ecolóxico e a biodiversidade da flora e da fauna.”

E entre os medios a utilizar para conseguir os nosos fins está o “promover actividades de cooperación con asociacións, administracións e outras entidades de calquera ámbito xeográfico, sempre dentro do noso marco estatutario e da lexislación aplicable no seu caso.”


Ante a situación que están a vivir os nosos bosques, a nosa asociación a través da campaña “Cousa de Raíces” colaborará co resto de entidades que se adheriron á mesma, realizando accións diversas que permitan mudar moitos aspectos da situación actual.

Entre outros, un dos problemas cos que nos atopamos na actualidade é a introdución de especies invasoras que están a degradar os nosos bosques, ben de forma voluntaria pola proliferación de monocultivos ou pola súa propia expansión natural. En especial temos un grave problema co eucalipto, unha especie que para algúns é unha fonte de recursos económicos a curto prazo, pero que para a maioría consideramos que representa un empobrecimiento xeneralizado en todos os aspectos, con consecuencias irreversibles a longo prazo.

Nalgunhas zonas as consecuencias da proliferación deste tipo de monocultivos xa se están manifestando; incremento dos incendios e das proporcións dos mesmos, empobrecimiento do chan, abandono de terras de cultivo, importante perda de diversidade de flora e fauna, degradación da paisaxe, seca de manantiais, etc. Non decimos que non sexa necesaria a plantación de monocultivos de determinadas especies forestais, pero sí que deberían controlarse mellor e favorecer a plantación de especies autóctonas pensado no medio e longo prazo, apostando por un maior valor engadido e sempre respetando os bosques.

Na situación actual, independentemente dos estudos realizados, calquera pode observar en qué se converteron moitos dos nosos bosques e zonas rurais, por iso, deberíamos aprobar unha moratoria na plantación de eucaliptos, así como aplicar todo tipo de medidas por parte de propietarios e administracións para evitar a súa proliferación.


En Bidueiro somos conscientes de que este tema é complexo e que existen intereses económicos, pero debemos ser obxectivos e mirando ao noso redor preguntarnos ¿Qué é o que realmente está a pasar? ¿Qué bosques nos deixaron os nosos antepasados e qué bosques lles deixaremos aos nosos fillos ou netos? Permanentemente dannos datos sobre o incremento da superficie arborizada pero,  ¿Qué tipo de árbores son esas?, por desgraza as problemáticas, os eucaliptos e no mellor dos casos piñeiros, formado parte de grandes monocultivos, pero como xa sabedes, un monocultivo de árbores non se asemella en casi nada a un bosque.

Todos podemos facer máis por mudar esta situación, de forma individual pero tamén conxuntamente para obter mellores resultados, aí é onde xorde a necesidade de unirnos para conseguir os nosos fins, a través de asociacións como Bidueiro, e estas á súa vez, participando en campañas conxuntas como “Cousa de Raíces”.


Asociación Cultural Bidueiro



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: