Recomendacións
para o trampeo de raíñas de Vespa Velutina na primavera
![]() |
Exemplar de Vespa Velutina no seu niño
|
Recuperado de:
www.campogalego.com
29-03-2017A Consellería do Medio Rural repartiu o pasado mes de febreiro un total de 5.659 trampas contra a Vespa Velutina e as súas correspondentes monodoses de líquido atraente contra este insecto.
En total, son 3.147 trampas as que recibiron as
principais asociacións apícolas de Galicia para repartir entre os seus socios,
pero os apicultores non integrados en agrupacións tamén contarán con estes
aparellos. Así, a través das Oficinas Agrarias Comarcais está previsto
distribuír outras 2.512 trampas.
Neste sentido, para un correcto trampeo, fundamental
para evitar a formación de novas colonias, dende a Agrupación Apícola de Galicia e da
Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra realizan as seguintes
recomendacións:
¿Onde colocar as trampas?
As trampas instalaranse só no comezo da primavera, xa
que durante o verán as trampas atrapan unha enorme cantidade doutros insectos e
poucas Vespa velutina.
As raíñas de vespa asiática que sobreviven ao inverno
precisan de glúcidos (azucres) para alimentarse, e por elo o mellor sitio para
colocar as trampas, a unha altura de 1,5 metros, son:
-Arredor dos niños de Velutina do ano anterior. As
raíñas invernaron preto e buscan alimento arredor -por elo sería moi
interesante para esta tarefa ter os datos de xeolocalización en googlemaps dos
niños retirados pola Xunta-.Nestes casos as trampas colocaranse nun radio de
100 a 150 metros dos mesmos. Se deixan de caer exemplares de Velutina
recoméndase mover as tramas outros 100 ou 150 metros para que volvan caer.
Tamén se poden instalar as trampas en zonas urbanas, á
mesma distancia de niños de Velutina localizados o ano anterior.
-Glúcidos de plantas de especies asiáticas e
froiteiras en flor: a aralia (ou árbore de Angélica); a camelia de flor simple
, sobre todo vermellas; o níspero xaponés, o plátano, e froiteiras en flor (ameixeiras,
maceiras….). Tamén nas proximidades dos composteiros.
-En árbores que podan ter pole ou pulgón, por exemplo
o salgueiro.
-Nas proximidades dos galpóns onde se garde o material
do apicultor.
-Tamén, nun radio de 100 metros arredor dos apiarios.
-Durante a primavera nunca se deben colocar as trampas
contra a Vespa Velutina no propio colmear.
A ser posible, na trampa colocarase unha avéspora
asiática conxelada, a poder ser raíña, xa que atraerá ás súas conxéneres polo
efecto das feromonas e actuará como repelente para as abellas. Os restos dun
niño primario de Velutina tamén actúan como un bo atraente. Despois meter na
trampa as novas raíñas de Velutina capturadas as seguintes veces e poñer algo
para que non se afoguen no líquido atraente.
-Niños primarios de Velutina: se se pode matar a raíña
que está e deixar o niño. Non desfacelos debido a que é un atraente para outras
raíñas que acudirán ao niño e podemos volver matar.
Líquido para as trampas
O líquido para as trampas pode ser:
Comercial: 10 mililitros de atraente diluiranse en 200 ml de
auga e engadiránselle uns 50 gramos de azucre. Se entran abellas na trampa
reducir o azucre a 25 gramos.
Líquido alternativo ou caseiro. Hai distintas receitas:
-Auga quente (1 litro) máis medio litro de mel e unha
culler sopeira de vinagre e dúas culleres sopeiras de alcohol.
-Un vaso de cervexa negra máis un vaso de viño branco
e unha culler de postre de mel ou azucre.
-Tamén se poden empregar como líquido atraente cadros
vellos de cera quentados en auga ou auga de derreter cera.
-Outra opción sería un vaso de viño branco máis unha
cullerada de sirope de arandos.
¿Cando cambiar o líquido?
A frecuencia coa que se debe substituír a solución
empregada como cebo variará, pero será de máis ou menos cada dúas ou tres
semanas.
¿Como se reparten as trampas?
Para os apicultores de concellos onde houbo niños de
Vespa Velutina o reparto é o seguinte:
-10 colmeas: 1 trampa.
-25 colmeas: 2 trampas.
-25 colmeas: 2 trampas.
-50 colmeas: 3 trampas.
-Máis de 50 colmeas: 4 trampas.
Biografía
Recuperado de:
www.campogalego.com
29-03-2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: