Ano 2017
Para lembrar foi a nosa saída de sendeirismo "Roteiro do Portomartiño" na Lama (Serra do Suido), da que gardamos moi bo recordo.
Estivemos acompañados na nosa camiñada por Ana e Adolfo, quenes rexentan a aldea de turismo rural "Aldea do Portomartiño" en A Lama, así como de algúns familiares e amigos.
Camiñamos por unha contorna de extraordinaria beleza e de gran valor ambiental moi próxima á aldea do Portomartiño e do río Xesta onde comeza e finaliza a ruta.
Na "Aldea do Portomartiño" situda nun auténtico remanso de paz, Ana e Adolfo acolléronnos moi ben e puidemos relaxarnos, gozar das súas dependencias e xardíns.
Ana non quería que nos fósemos sen probar os auténticos produtos da zona e de elaboración artesanal, así que convidounos a merendar ... e así foi ... non quedou outra opción, se hai que merendar ... meréndase. todo riquísimo e con moi boa compañía.
E non nos esquecemos de Ángel, un veciño do Portomartiño co que gozamos da súa agradable compañía durante toda a xornada, así como da súa invitación para tomar uns "culíns" de fresca e rica sidra natural e dun pan "dos de verdade" feito nun forno de A Lama.
Como se adoita dicir, con persoas así da gusto.
Gracias a todos pola vosa colaboración e hospitalidade.
https://www.facebook.com/Aldea.do.Portomartinho
https://www.facebook.com/Aldea.do.Portomartinho
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: