Sempre hai flores para aqueles que queren velas ** Roteiros culturais con Bidueiro ** Participa ** Imos coñecer para protexer ** Sendeirismo ambiental con Bidueiro ** Imos gozar ** Implícate ** Terás novos amigos ** Buscabas un sitio así e acábalo de atopar ** Benvid@ a Bidueiro **

venres, 3 de marzo de 2023

Ruta das Pesqueiras, domingo 12 de marzo

 

Unha vez que as augas volveron o seu cauce, xa podemos facer a ruta das Pesqueiras, no tramo entre os concellos de Arbo e As Neves, suspendida o pasado 29 de xaneiro. A saída terá lugar o domingo 12 de marzo e xa está aberto o prazo para apuntarse. O punto de encontro será as 8.30 da mañá no lugar habitual da rúa Vázquez Varela, detrás da Cidade da Xustiza. A ruta de 11 kilómetros descorre paralela ao río Miño pola senda que empregan os pescadores para a pesca da lamprea nas pesqueiras, construccións que veremos tanto na beira portuguesa como na galega e serán protagonistas da nosa andaina. A ruta tamén é coñecida como senda dos pescadores e está incluida na Red Natura 2000, rede europea de espazos naturais protexidos. 

luns, 12 de decembro de 2022

29 de xaneiro, Ruta das Pesqueiras. Tramo As Neves-Arbo

 O domingo 29 de xaneiro faremos a ruta das Pesqueiras entre As Neves e Arbo. Esta ruta de 11 kilómetros descorre paralela ao río Miño, pola senda que empregan os pescadores para a pesca da lamprea nas pesqueiras, construccións que veremos tanto na beira portuguesa como na galega e serán protagonistas da nosa andaina.


A ruta tamén e coñecida como senda dos pescadores e está incluida na Red Natura 2000, rede europea de espazos naturais protexidos. O desnivel da ruta é pequeno ao seguir o curso do río, pero camiñaremos por unha senda de pescadores, sendo preciso ir pendentes do piso, motivo polo que podemos considerar que a dificultade da senda é media. 


Ademáis das pesqueiras, atoparemos pequenas construccións que serven aos pescadores para gardar as redes, así como miradoiros que nos permitirán desfrutar dunhas fermosas paisaxes sobre o río miño que nestas zonas de baixa encaixado entre grandes rochas. 



As pesqueiras ou pescos son construccións de granito que se sitúan no río e serven para a pesca das lampreas. Podemos atopalas ao longo dos 25 quilómetros nos que o río Miño pasa por Crecente, Arbo e Salvaterra. A forma de pescar as lampreas non variaron neste tramo do río dende a época dos romanos, que levaban a práctica totalidade das capturas que seren servidas nas comidas das clases máis podentes de Roma, razón pola que construiron as pesqueiras. A principios do sécula XX, nestes 25 quilómetros de río había 700 pesqueiras. Hoxe en día perdéronse algunhas. 
Na Idade media, as pesqueiras pasaron aformar parte da propiedade dos mosteiros. Na actualidade, as pesqueiras son propiedade privada e pertencen a familias dos concellos de Crecente, Arbo e Salvaterra. 
Estas construccións de gran interese arquitectónico e etnográfico están formados por varios bloques en paralelo uns aos outros e chamados "poios", entre los que queda un espazo polo uqe discorre o río e onde colócase unha rede con forma cónica chamada "buitirón" na que quedan atrapadas as lampreas.





Sábado 14 de xaneiro, Xornada de voluntariado mediambiental coa comunidade de montes de Teis



A comunidade de montes de Teis é unha entidade moi preocupada pola conservación do seu medio natural. A xunta directiva está moi implicada na recuperación dos espazos forestais e a eliminación de especies invasoras, como as acacias, que son un gran problema nesta comunidade. Todo isto non sería posible sen a axuda de voluntarios. Durante esta xornada colaboraremos co seu traballo de conservación do monte en labores de control de especies invasoras e reforestación. 

15 de Xaneiro, Concello de Oia: Ruta Loureza-Burgueira-Loureza

 


Para o domingo 15 de xaneiro temos preparada unha interesante ruta polos montes do Concello de Oia. Durante os 12,6 kilómetros de andaina, esta ruta amósanos parte do importante patrimonio natural e cultural das parroquias de Loureza e Burgueira.


A ruta é circular e descorre, en gran parte, por pistas de terra polas que se camiña con facilidade, tendo toda a ruta unha dificultade media. 


Comezaremos e remataremos a ruta na parroquia de Loureza. Logo dun pequeno percorrido polas súas rúas, empezaremos o tramo de subida pola marxe do río Tamuxe cara a Burgueira, pasando polas fermosas pozas de Burgalleira, Loureza, e a área de ocio do Pozo do Arco. Estes recursos compoñen un conxunto de cascadas de gran valor paisaxístico. Na metade da ruta iniciaremos o regreso pasando polos núcleos de Burgueira e Refoxos. 





luns, 28 de novembro de 2022


 Para o domingo 4 de decembro temos preparada unha completa actividade no Concello de Covelo. Faremos a camiñada de A Pedra do Lobo, nun percorrido aproximado de 13 kilómetros, de dificultade media, que nos levará por vellos e históricos camiños, montes de piñeiro vermello, muiños restaurados, corredoiras, turbeiras de montaña e formidables vistas panorámicas. Tamén faremos unha visita guiada a Casa Museo Etnográfico Pazo da Cruz. Entre as pezas do museo atópase unha cabeza reducida polos indios xíbaros e recordaremos a vida de Alfonso Graña, "O rei dos Xíbaros".

xoves, 22 de setembro de 2022

A Illa de Arousa (Norte) 2022

 

O domingo 2 de outubro temos actividade de sendeirismo na Illa de Arousa (norte)

Sairemos de Vigo as 10:00 h. en vehículos particulares (presentarse 10 minutos antes no lugar de reunión)
Camiñada de dificultade media-baixa cun percorrido aproximado de 15 km. e practicamente sen desniveis.
Temos que levar na mochila a comida para xantar.
Xa te podes inscribir chamando ao teléfono da Asociación nº 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 h. dende o xoves 22 ata o xoves 29 de setembro.

Ven gozar con Bidueiro!



Dado que Bidueiro é unha Asociación sen ánimo de lucro e con xestión totalmente altruísta, e grazas especialmente á colaboración de todas as persoas socias, nas actividades mantemos uns prezos moi económicos. A maiores, como axuda a xuventude, as persoas menores de cuarenta anos dispoñen dun desconto do 50% nas actividades.👪

*****

Como sempre, aparte da información que figura aquí na web, recibiredes información máis polo miúdo da actividade nos correos electrónicos.

As actividades da Asociación Bidueiro, excepto as de voluntariado, están dirixidas exclusivamente a soci@s, pero sempre reservamos algunha praza para calquera outra persoa que comparta os fins da Asociación. Estas persoas poderán participar en calidade de "convidadas" para coñecernos mellor. Se queredes acompañarnos consultade sen compromiso esta posibilidade na secretaría.
Somos unha Asociación totalmente aberta onde todas as persoas son ben acollidas, xa que un dos nosos fins sociais é, "promover as relacións sociais das persoas no eido xeracional, intercultural e xeográfico".

Podedes acceder a máis información sobre as seguintes actividades da Asociación no menú principal desta web, premendo nas pestanas "Vindeiras Actividades" ou en "Programa Anual"

Asociación Bidueiro
Cultura, Natureza e Relacións interxeracionais sen ánimo de lucro 👍
👉Xestión altruísta

sábado, 3 de setembro de 2022

Asemblea Xeral de Socios (Sesión Extraordinaria)

 Asociación Cultural Bidueiro

Asemblea Xeral de Socios

Sesión Extraordinaria

Sábado 17 de setembro de 2022



Asemblea Xeral de Socios en sesión Extraordinaria

Ás 18:00 h. en primeira convocataria e ás 18:15 h. en segunda convocatoria


Agardamos a presenza de tod@s